Mireia Vehí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mireia Vehí
Mireia Vehí
Mireia Vehí nunha rolda de prensa contra os ataques machistas na plaça del Rei (Barcelona).


19 de xaneiro de 2016 – 28 de outubro de 2017

Datos persoais
Nacemento 1985 Vilafant, Cataluña
Partido CUP-Alternativa d'Esquerres
Profesión Socióloga
Alma máter Universidade Autónoma de Barcelona

Na rede
IMDB: nm9940232 Facebook: mireia.vehicantenys Twitter: Mireia_veca Instagram: mireia_veca Editar o valor em Wikidata

Mireia Vehí i Cantenys, nada en Vilafant en 1985, é unha socióloga e política catalá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en socioloxía na Universidade Autónoma de Barcelona[1] e despois comezou un posgrao en Sociedades Africanas e Desenvolvemento na Universidade Pompeu Fabra, e un máster en Mulleres, Xénero e Cidadanía no Instituto Interuniversitario de Estudos de Mulleres e Xénero. É membro do consello do Centro de Estudos Africanos e Interculturais e representante da campaña "Tanquem els CIE".

Está afiliada á CUP dende 2015 e é deputada nas Cortes Xerais por Barcelona dende o 3 de decembro de 2019.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La CUP renova el 40% dels diputats que té al parlament". Vilaweb. 12 de xaneiro de 2016. Consultado o 12 de xaneiro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]