Saltar ao contido

Íñigo Errejón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÍñigo Errejón

(2019) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Íñigo Errejón Galván Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de decembro de 1983 Editar o valor en Wikidata (41 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
Representa: Máis País-Equo

3 de decembro de 2019 –

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputado na Asemblea de Madrid
11 de xuño de 2019 – 11 de novembro de 2019 – Loreto Arenillas Gómez →

Deputado no Congreso dos Deputados
11 de xullo de 2016 – 21 de xaneiro de 2019 – Sol Sánchez →

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputado no Congreso dos Deputados
7 de xaneiro de 2016 – 19 de xullo de 2016

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Datos persoais
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Tese académicaLa lucha por la hegemonía durante el primer gobierno del MAS en Bolivia (2006-2009): un análisis discursivotesis doctoralfrancés Non hai ningunha Editar o valor en Wikidata (2011 Editar o valor en Wikidata)
Director de teseHeriberto Cairo Carou Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoCiencia política e política Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, politicólogo Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2014 Editar o valor en Wikidata - 2024 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Partido políticoMáis País (2019–)
Podemos (2014–2019)
Grupo Parlamentario Podemos-En Comú Podem-En Marea Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
ParellaRita Maestre (2008–2016) Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm7431142 Facebook: ierrejon Twitter: ierrejon Instagram: ierrejon Telegram: ierrejon Youtube: UCiBLOFkyPRriEczyzpCE7Ow BNE: XX5157869 Dialnet: 2448532 Editar o valor en Wikidata

Íñigo Errejón Galván, nado en Madrid en 1983, é un politicólogo e expolítico español. É doutor[1] e investigador en Ciencia Política na Universidade Complutense de Madrid,[2] voceiro da Fundación CEPS (Centro de Estudos Políticos e Sociais)[3] e membro do consello editorial da revista de análise política Viento Sur.[4] No 2014, foi o director de campaña do partido político Podemos nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2014. Foi elixido deputado ao Congreso nas Eleccións xerais de decembro de 2015. En 2024 foi nomeado voceiro do grupo parlamentario de Sumar no Congreso dos Deputados e secretario de Análise Política e Discurso desta plataforma, cargos que ocupou até a súa dimisión en outubro de 2024 por acusacións de acoso machista a diversas mulleres.[5][6][7]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Orixes familiares e mocidade

[editar | editar a fonte]

Íñigo Errejón é fillo de José Antonio Errejón Villacieros, funcionario de carreira e alto cargo na Administración Xeral do Estado que durante a Transición militou no Partido del Trabajo de España,[8] e despois foi un dos asinantes do Manifesto de Tenerife, que marcou o nacemento de Los Verdes en España,[9] e formou parte de Izquierda Anticapitalista.[10] A súa nai, Angy Galván, é bióloga, feminista e activista, e membro de Podemos dende a súa fundación.[11][12]

Durante a súa mocidade, Iñigo Errejón foi scout e estivo achegado ó marxismo libertario.[13][14]

Controversia polo seu contrato coa Universidade de Málaga

[editar | editar a fonte]

O 17 de novembro de 2014, o xornal El Mundo publicou nun artigo o contrato que Errejón tiña dende marzo coa Universidade de Málaga (UMA). O proxecto La vivienda en Andalucía. Diagnóstico, análisis y propuestas de políticas públicas para la desmercantilización de la vivienda estaba dirixido por Alberto Montero, profesor de Economía Aplicada na UMA e vicepresidente da Fundación CEPS, da cal Errejón é voceiro. Errejón foi o único candidato presentado ó posto de investigación.

Podemos considerou o caso unha «campaña de difamación» contra Errejón, por tratarse dunha das facianas máis visibles da formación emerxente.[15][16]

En marzo de 2016, a Universidade de Málaga resolveu nun expediente sancionador que Errejón cometera dúas «faltas disciplinarias» derivadas de: 1. «non ter desenvolvido o seu traballo conforme ós termos e cláusulas» por non realizar o traballo de maneira presencial. 2. «non ter solicitado a compatibilidade para o exercicio de actividades privadas desenvolvidas durante a súa vixencia» por ter compatibilizado o traballo coa remuneración percibida da súa función en Podemos. Isto acarreu a súa inhabilitación para trabajllar na UMA en proxectos de investigación de características semellantes.[17] Finalmente a universidade non sancionou a Errejón.[18]

En xuño de 2016, o xulgado de Instrución número 13 de Málaga acordou arquivar a causa que investigaba supostas irregularidades no contrato laboral de Iñigo Errejón como investigador na Universidade de Málaga presentada por Manos Limpias.[19]

Dentro da coalición Sumar e abandono da política

[editar | editar a fonte]

Más País e Más Madrid integráronse na coalición electoral Sumar de cara ás eleccións xerais do 23 de xullo de 2023. Errejón foi elixido deputado como número 4 na lista electoral de Sumar por Madrid para estas eleccións.[20][21] En xaneiro de 2024 Marta Lois, a até daquela voceira de Sumar no Congreso, anunciou a súa dimisión para presentarse ás eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024.[22] Como substitución a coalición nomeou o 30 de xaneiro de 2024 a Errejón como voceiro parlamentario do Grupo Plurinacional Sumar.[23]

O 24 de outubro de 2024, Errejón publicou unha carta nas redes sociais onde anunciou o seu abandono da política institucional, deixando tamén o seu escano no Congreso e todas as súas responsabilidades políticas. Este anuncio foi posterior a unha acusación anónima realizada dous días antes na conta de Instagram de Cristina Fallarás onde se lle atribuía ter un comportamento de violencia machista e acoso sexual con diversas mulleres.[5][24][6][7]

Autor
  • Errejón, Íñigo (2012). La lucha por la hegemonía durante el primer gobierno del MAS en Bolivia (2006-2009): un análisis discursivo. Madrid: Universidade Complutense de Madrid.  (tese doutoral)
  • Errejón, Íñigo (2021). Con todo - De los años veloces al futuro. Editorial Planeta. [25]
Coautor
Coeditor
  • Errejón, Íñigo; Serrano, Alfredo, eds. (2011). ¡Ahora es cuándo, carajo! Del asalto a la transformación del Estado en Bolivia. Barcelona: El Viejo Topo. 
  1. Tamames, Ramón (15 de xullo de 2015). ¿Podemos?: Un viaje de la nada hacia el poder (en castelán). Kailas Editorial. ISBN 9788416023684. 
  2. Instituto Complutense de Estudios Internacionales. "Áreas de investigación: Gobierno, políticas públicas y democracia". Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2014. Consultado o 09 de novembro de 2014. 
  3. Organigrama de la Fundación CEPS. Consultado o 26 de setembro de 2014.
  4. Sanz, Segundo (16 de xuño de 2014). "Quién es quién en Izquierda Anticapitalista, el partido que mueve los hilos dentro de Podemos". Vozpópuli. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2014. Consultado o 09 de novembro de 2014.  Arquivado 21 de outubro de 2014 en Wayback Machine.
  5. 5,0 5,1 Chouza, Paula (2024-10-24). "Íñigo Errejón dimite y abandona la política: “He llegado al límite de la contradicción entre el personaje y la persona”". El País (en castelán). Consultado o 2024-10-24. 
  6. 6,0 6,1 Romero, Patricia (2024-10-24). "Errejón abandona la política tras reconocer comportamientos machistas". Diario ABC (en castelán). Consultado o 2024-10-24. 
  7. 7,0 7,1 Hoz, Cristina De la (2024-10-24). "Sumar relaciona la dimisión de Errejón con una denuncia de violencia machista". El Independiente (en castelán). Consultado o 2024-10-24. 
  8. Galán, Lola (14 de abril de 1985). "Un partido sin líderes". Consultado o 26 de xuño de 2014. 
  9. Cabal, Esteban. Historia de Los Verdes. Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2014. Consultado o 26 de xuño de 2014.  Arquivado 19 de xuño de 2014 en Wayback Machine.
  10. Sanz, Segundo (19 de xuño de 2014). "El padre de Errejón (Podemos) acusa a Cebrián de impulsar una "operación" para salvar la Corona". vozpópuli. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2014. Consultado o 26 de xuño de 2014.  Arquivado 24 de xuño de 2014 en Wayback Machine.
  11. "Angy Galván". www.huffingtonpost.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2017. Consultado o 16 de xaneiro de 2017.  Arquivado 02 de marzo de 2017 en Wayback Machine.
  12. "El orgullo de Íñigo Errejón por la intervención de su madre en la Universidad de Podemos". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de outubro de 2016. Consultado o 16 de xaneiro de 2017. 
  13. "El libertario de Pozuelo". Consultado o 6 de febreiro de 2017. 
  14. Pina, Mariana (27 de decembro de 2014). "El pasado scout de Iñigo Errejón (Podemos) acusa a Cebrián de impulsar una "operación" para salvar la Corona". ABC. 
  15. F. Manetto (4 de decembro de 2014). "Podemos atribuye el caso a “una campaña de difamación”". EL País. 
  16. Publico/Europa Press (4 de decembro de 2014). "Podemos: "Una minoría privilegiada reacciona con furia ante la posibilidad del cambio"". Público. Consultado o 5 de decembro de 2014. 
  17. "La UMA cierra el caso Errejón con la inhabilitación del político de Podemos" (en castelán). 4 de marzo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2016. Consultado o 23 de agosto de 2016. 
  18. "La Universidad de Málaga no llegó a sancionar a Errejón por su trabajo a distancia". 
  19. Europa Press (7 de xuño de 2016). "Un juez archiva la causa contra Errejón por su contrato como investigador con la Universidad de Málaga". eldiario.es. 
  20. Chouza, Paula; Rakipaj, Eliona; Fabra, María (2023-06-09). "Errejón, cuarto por Madrid, y Belarra, quinta: así quedan los puestos en las listas de Sumar tras los acuerdos con los partidos". El País. Consultado o 2023-06-13. 
  21. "Los diputados de Sumar que han conseguido escaño en el Congreso". OndaCero (en castelán). 2023-07-25. Consultado o 2024-10-24. 
  22. "Marta Lois se despide como portavoz de Sumar en el Congreso y avanza su entrada en la Xunta tras el 18F". La Voz de Galicia (en castelán). 2024-01-30. Consultado o 2024-10-24. 
  23. Chouza, Paula (2024-01-25). "Íñigo Errejón será el nuevo portavoz de Sumar en el Congreso en sustitución de Marta Lois". El País (en castelán). Consultado o 2024-10-24. 
  24. "Errejón dimite: las acusaciones por violencia machista que podrían haber motivado su marcha". ElHuffPost (en castelán). 2024-10-24. Consultado o 2024-10-24. 
  25. "Con todo - Íñigo Errejón". Planeta de libros. 
  26. Fittipaldi, Raffaella (2016). "Íñigo Errejón, Chantal Mouffe (2015), Construir Pueblo. Hegemonía y radicalización de la democracia, Barcelona, Icaria Editorial, ISBN: 978-84-9888-660-3". Partecipazione e conflitto 9 (3): 1075–1079. ISSN 2035-6609. 
  27. "Errejón: Integrar al adversario, clave para que un proyecto tenga éxito". eldiario.es. 26 de xaneiro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]