Gabriel Rufián

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gabriel Rufián
Gabriel Rufián (cropped).jpg
Nacemento8 de febreiro de 1982
 Santa Coloma de Gramenet
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Pompeu Fabra e Universidade Pompeu Fabra
Ocupacióngraduado social e político
editar datos en Wikidata ]

Gabriel Rufián Romero, nado en Barcelona o 8 de febreiro de 1982, é un activista social e político catalán vinculado con movementos sociais de esquerdas e independentistas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo e neto de andaluces de Xaén e Granada, medrou no barrio do Fondo de Santa Coloma de Gramenet.[1] Desde 2014 foi voceiro da plataforma independentista que agrupa a castelanfalantes, Súmate. En 2015 ingresou na Assemblea Nacional Catalana (ANC), formando parte do seu Secretariado Nacional. O 11 de setembro de 2015 foi un dos protagonistas da Via Lliure cap a la República Catalana como voceiro en castelán da ANC no escenario central do acto da Diada na Meridiana de Barcelona.[2] Durante a campaña electoral para as eleccións catalás do 27 de setembro participou en actos de campaña de Junts pel Sí realizando chamamentos para a participación dos castelanfalantes[3] e mais no acto final da campaña de JxS[4]. En novembro de 2015 sóubose que ía encabezar a lista por Barcelona de Esquerra Republicana de Catalunya para as eleccións ao Congreso dos Deputados do 20 de decembro.[5]

É colaborador habitual en debates e tertulias de actualidade política en diversos medios de comunicación, entre outros en 2324 de Televisió de Catalunya, El Matí de Catalunya Ràdio, El Punt Avui TV, 13TV,[6] e publica regularmente artigos de opinión en El Matí digital,[7] El Singular,[8] Nació Digital,[9] El Punt Avui,[10] ouEl Món.

Notas[editar | editar a fonte]