Teruel Existe
| Teruel Existe | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
|
Ideoloxía política
| |||||||
| Persoas e organizacións | |||||||
|
Presidente/a
| |||||||
| Datas e cronoloxía | |||||||
|
Fundación
| |||||||
| Localización | |||||||
| |||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||
|
Páxina WEB
| |||||||
| Wikidata C:Commons |
Teruel Existe (TE) é unha coordinadora cidadá fundada en novembro de 1999 co obxectivo de demandar un trato xusto e igualitario para a provincia de Teruel, en España.[1][2]
Fundouse a partir de varias plataformas como En Defensa do Ferrocarril, Pro Helicóptero y Transporte Sanitario ou Pro Salud Mental. En 1999 Teruel aínda non tiña autovías e na única liña de ferrocarril (de vía única sen electrificar) o tren descarrilara 8 veces nun ano.[1][2]
A plataforma obtivo un deputado e dous senadores nas eleccións xerais de novembro de 2019, tras presentarse como agrupación de electores.
Historia
[editar | editar a fonte]Animados polo éxito do paro convocado en vinte provincias españolas para protestar polo esquecemento que sufría a chamada “España baleira”,[3] Teruel Existe decidiu presentarse ás eleccións xerais de novembro de 2019 como unha agrupación de electores allea aos partidos tradicionais, co fin de dar voz a reivindicacións urxentes para o mundo rural de Teruel. A plataforma logrou 6.781 avais, seis veces máis dos esixidos pola lei electoral,[4] e presentou unha candidatura ao Congreso dos Deputados por Teruel encabezada polo seu líder Tomás Guitarte, un arquitecto de 58 anos, acompañado por Manuel Gimeno e Ana Asunción Balaguer. Para o Senado presentaron a Joaquín Egea, Beatriz Martín e Alba Polo.[5][6]
Teruel Existe foi a forza máis votada na provincia de Teruel e logrou un escano no Congreso para Guitarte e outros dous no Senado para Egea e Martín.[7]
Resultados electorais
[editar | editar a fonte]Ámbito nacional
[editar | editar a fonte]| Eleccións | C/S | Cabeza de lista | Votos | % | Escanos Teruel e total | Posición | |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nov 2019 | C | Tomás Guitarte | 19.761 | 1 / 3 1 / 350 |
|||
| S | Joaquín Egea | 57.129 | 2 / 4 2 / 265 |
||||
| 20.617 18.973 17.539 |
28,41% 26,15% 24,17% | ||||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Matute Escribano, Adrián (20 de decembro de 2009). "Teruel Existe cumple diez años de existencia sin renunciar a las reivindicaciones exigidas por toda la provincia". Aragón Digital. Consultado o 11 de novembro de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 Jorge A. Rodríguez (20 de decembro de 1999). "Teruel existe, pero poco". El País. Consultado o 11 de novembro de 2019.
- ↑ Juan Carlos Espinosa; Juan Navarro; Marcos Lema (5 de outubro de 2019). "El grito mudo de la España vacía". El País.
- ↑ Ortega, Javier (8 de outubro de 2019). "Teruel Existe inicia el camino al 10-N con un éxito rotundo: le avala el 6,34% del censo de la provincia". El Mundo.
- ↑ Moreno, María Ángeles (8 de outubro de 2019). "Teruel Existe confía en entrar en el Congreso tras lograr 6.781 avales y con Guitarte y Gimeno en los puestos de salida". Heraldo de Aragón.
- ↑ Lema, Marcos (9 de outubro de 2019). "Teruel Existe reúne los avales y se presentará el 10-N: “Estamos en una situación límite”". El País.
- ↑ Moreno, María Ángeles (11 de novembro de 2019). "La agrupación de electores de Teruel Existe hace historia al ser la primera que llega al Congreso". Heraldo de Aragón.