María Gloria Elizo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
María Gloria Elizo
Derogación Ley Berlusconi. Gloria Elizo.jpg
Nacemento11 de decembro de 1966
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónpolítica
Firma de Gloria Elizo Serrano, vicepresidenta cuarta del Congreso de los Diputados.svg
editar datos en Wikidata ]

María Gloria Elizo Serrano, nada en Madrid o 11 de decembro de 1966 é unha letrada española, política de Podemos e actual vicepresidenta cuarta do Congreso dos Deputados.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, empezou a traballar como letrada especializada en dereito Penal e Civil. Socia durante doce anos dun despacho de avogados, no ano 2002 foi nomeada xuíza substituta no xulgado de Úbeda (Xaén), establecéndose pola súa conta acabado este período.[3][4]

Coa aparición de Podemos fíxose cargo da súa representación legal. Como tal, encargouse das querelas contra Esperanza Aguirre e Eduardo Inda por acusar a Pablo Iglesias de colaborar con ETA e a Podemos de recibir financiamento de Venezuela.[5] Tamén impulsou, xunto co avogado Jaume Asens e o exfiscal Carlos Jiménez Villarejo, as querelas contra Jordi Pujol e Marta Ferrusola e colaborou no contacto que o partido mantivo con distintos colectivos profesionais.

En novembro de 2014, presentou xunto a Jiménez Villarejo o documento anticorrupción que foi aprobado na asemblea constituínte «Si Se Puede» de Podemos.[6] Ao termo da mesma foi elixida presidenta da Comisión de Garantías Democráticas de Podemos co 86,12% dos votos.[7]

Participou de forma activa nas eleccións xerais de 2015, coordinando o programa de anticorrupción e poder xudicial, sobre cuxa reforma publicou varios documentos.[8][9] Tras as primarias, presentouse como cabeza de lista da candidatura de Podemos ao Congreso dos Deputados pola circunscrición de Toledo. Foi a única candidata de Podemos que conseguiu un escano en Castela-A Mancha.

O 13 de xaneiro de 2015, data na que se constituíu a cámara baixa, foi elixida vicepresidenta terceira do Congreso co apoio de 71 deputados.[10][11]

Nas eleccións xerais do 26 de xuño revalidou o escano por Toledo, obtendo con Teresa Arévalo por Albacete un segundo escano para a Coalición Unidos Podemos en Castela-A Mancha.

O 19 de xullo de 2016 foi elixida vicepresidenta cuarta do Congreso dos Deputados.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "PODEMOS - Gloria Elizo". transparencia.podemos.info. Consultado o 15 de xaneiro de 2016. 
  2. Elizo Serrano, María Gloria, na páxina do Congreso.
  3. CGPJ. "BOE 17-07-2002" (PDF). Consultado o 16 de xaneiro de 2015. 
  4. "Gloria Elizo Serrano | LinkedIn". es.linkedin.com. Consultado o 15 de xaneiro de 2016. [Ligazón morta]
  5. "La lista de nombres propuesta por Iglesias logra todos los puestos en la dirección de Podemos". eldiario.es. Consultado o 15 de xaneiro de 2016. 
  6. "Así es la resolución contra la corrupción aprobada por Podemos". eldiario.es. Consultado o 16 de xaneiro de 2016. 
  7. País, Ediciones El (16 de novembro de 2014). "Los 62 de Podemos". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 15 de xaneiro de 2016. 
  8. País, Ediciones El (13 de xaneiro de 2016). "Así son los nuevos integrantes de la Mesa del Congreso". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 15 de xaneiro de 2016. 
  9. "La Justicia: hay que reinventarla". Espacio Público. Consultado o 16 de xaneiro de 2016. 
  10. "El PP suma con C’s mayoría en la mesa del Congreso". Okdiario.com (en castelán). Consultado o 15 de xaneiro de 2016. 
  11. "Patxi López aboga en el Congreso por "el diálogo y el entendimiento"". Expansión.com. Consultado o 16 de xaneiro de 2016.