Aitor Esteban

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aitor Esteban
Portavoz-parlamentario-PNV-Aitor-Esteban EDIIMA20160219 0246 5 (cropped).jpg
Nacemento21 de xuño de 1962
Lugar de nacementoBilbao
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Deusto
Ocupaciónpolítico, profesor universitario e xurista
CónxuxeItxaso Atutxa Atutxa
Na rede
Facebook: aitor.esteban.3 Twitter: AITOR_ESTEBAN Dialnet: 138307 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Aitor Esteban Bravo, nado en Bilbao (Biscaia) o 21 de xuño de 1962, é un político e profesor asociado de Universidade vasco que dende 2012 desempeña o cargo de voceiro do Partido Nacionalista Vasco no Congreso dos Deputados.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa nai é da localidade soriana de Cañamaque.[1] O seu pai, de ideoloxía nacionalista vasca, ensinoulle as bases do éuscaro,[1] que estudou posterioremente, chegando a dar clases.[2]​ Estudou nun colexio católico e fixo o bacharelato no Instituto Central de Bilbao.[3] A seguir, licenciouse en Dereito, no curso 1984-1985, na Universidade de Deusto, onde fixo logo o doutoramento.[3] coa tese titulada "La institutionalización de un país: nacionalismo e instituciones vascas", lida o 1 de xaneiro de 1996.[4]

Esteban foi profesor na Universidade de Deusto, onde impartiu clases de Dereito constitucional español comparado. Declárase un apaixonado das tribos indíxenas norteamericanas, e mesmo foi profesor da materia de Minorías Indíxenas, no Departamento de Antropoloxía desta universidade[3]. Tamén impartiu a materia de Historia e cultura indíxena de Norte e Mesoamérica na Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación.[5]

Afiliouse ó Partido Nacionalista Vasco en 1978 e en 1983 foi elixido secretario do Consello Nacional de Euzko Gaztedi Indarra (EGI). Dous anos despois foi nomeado apoderado da Asemblea Nacional e en 1991 accedeu ó cargo de voceiro e secretario de Presidencia da Deputación de Biscaia.[5] Entre 1995 e 2003 foi presidente das Xuntas Xerais de Biscaia, sendo sucedido no cargo por Ana Madariaga.[6]

Nas eleccións xerais de 2004, foi elixido deputado no Congreso dos Deputados por Biscaia, repetindo nas eleccións de 2008 e 2011,[5] e nas de 2015, 2016 e nas de abril e novembro de 2019. O 18 de decembro de 2012 substituíu a Josu Erkoreka como voceiro do PNV no Congreso dos Deputados.[5][7]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casado con Itxaso Atutxa (filla de Javier Atutxa, quen fora presidente do PNV de Biscaia entre 1996 e 2000[8]​), con que ten dous fillos e vive dende hai anos en Zeberio.​[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Rioja Andueza, Iker (24-4-2019). "Aitor Esteban: "¿Independentista? Sí. Toda mi vida lo he sido"". eldiario.es (en castelán). Consultado o 11-1-2020. 
  2. "Lo hablo y he sido irakasle". osoigo.com (en castelán). 5-12-2015. Consultado o 11-1-2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Aitor Esteban Bravo". congreso.eaj-pnv.eus (en castelán). Archived from the original on 25-04-2019. Consultado o 11-1-2020. 
  4. "Ficha de Tesis". educacion.gob.es (en castelán). Consultado o 11-1-2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "Aitor Esteban sustituye a Josu Erkoreka como portavoz del PNV en el Congreso". El Mundo. 18-12-2012. Consultado o 11-1-2020. 
  6. Uriona, Alberto (19-6-2003). "Las Juntas de Vizcaya eligen a la primera presidenta de su historia". elpais.com (en castelán). Consultado o 11-1-2020. 
  7. Reyero, I. (18-12-2012). "Aitor Esteban, nuevo portavoz del PNV en el Congreso". abc.es (en castelán). Consultado o 11-1-2020. 
  8. "Itxaso Atutxa, la mujer con más poder en la historia del PNV". elcorreo.com (en castelán). 21-2-2013. Consultado o 11-1-2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]