Alberto Rodríguez Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alberto Rodríguez Rodríguez
Nacemento11 de decembro de 1981
Lugar de nacementoSanta Cruz de Tenerife
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico, obreiro, sindicalista e activista social
Na rede
Facebook: AlbertoRodriguezCanarias Twitter: Alber_Canarias Instagram: albercanarias Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Alberto Rodríguez Rodríguez, nado en Santa Cruz de Tenerife o 11 de decembro de 1981,[1] é un ex-deputado español de Podemos no Congreso dos Deputados, obreiro industrial de formación e tamén coñecido polo seu labor como activista social.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dunha mestra e dun electricista, Alberto Rodríguez naceu no barrio obreiro de Ofra, en Santa Cruz de Tenerife, onde residiu até a súa elección como deputado. Estudou un ciclo superior de química ambiental e traballou durante nove anos como operario nunha refinaría de petróleo, na que participou como representante sindical. Militou en Esquerda Unida e estivo implicado en diferentes movementos sociais, como o estudantil (Sindicato de Estudiantes Canario e Comité de Estudiantes), en protestas contra as guerras e en convocatorias polos dereitos civís. Como consecuencia do seu activismo, foi detido en 2012 durante as manifestacións do 15-M pero quedou absolto.[2] Dende o 13 de xaneiro de 2016 é deputado de Podemos no Congreso pola provincia de Santa Cruz de Tenerife.[3][4][5][6][7]

O 5 de xuño de 2019 anunciouse que sería o novo secretario de organización de Podemos en substitución de Pablo Echenique.[8]

O 20 de xaneiro de 2021, o Tribunal Supremo imputou a Rodríguez por un presunto delito de atentado contra a autoridade e falta ou delito leve de lesións por uns incidentes acontecidos en 2014.[9] O alto tribunal iniciou o procedemento unha vez que o Congreso dos Deputados aceptou o suplicatorio solicitado en decembro de 2020.[10]

Foi finalmente inhabilitado como deputado o 22 de outubro de 2021, após unhas semanas de polémica entre o Tribunal Supremo e o Congreso dos Deputados.[11]

En xaneiro de 2024, o Tribunal Constitucional fallou que Rodríguez non debería ter sido condenado a prisión, senón simplemente a unha pena pecuniaria, polo que non debería ter perdido o seu escano.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Alberto Rodríguez Rodríguez na páxina do Congreso.
  2. "Las 10 curiosidades de Alberto Rodríguez, el diputado con más marcha del Congreso. Noticias de Noticias". El Confidencial (en castelán). Consultado o 10 de febreiro de 2018. 
  3. "El número 1 de Podemos por Tenerife, 'orgulloso' detenido". La Gaceta. Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2017. Consultado o 17 de xaneiro de 2016. 
  4. "Alberto Rodríguez". www.facebook.com. Consultado o 17 de xaneiro de 2016. 
  5. Antonio Ruiz Valdivia (16 de xaneiro de 2016 10:36 CET). "17 cosas para saber quién es Alberto Rodríguez (Podemos)". El Huffington Post. Consultado o 17 de xaneiro de 2016. 
  6. "El diputado de Podemos Alberto Rodríguez fue detenido por agredir a policías". Okdiario.com (en castelán). Consultado o 17 de xaneiro de 2016. 
  7. País, Ediciones El (18 de xaneiro de 2016). "Alberto Rodríguez: “Las rastas son un peinado como otro cualquiera”". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 18 de xaneiro de 2016. 
  8. Marcos, Ana (5 de xuño de 2019). "Iglesias elige al diputado canario Alberto Rodríguez para sustituir a Echenique". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 5 de xuño de 2019. 
  9. "El TS imputa al diputado de Podemos Alberto Rodríguez por atentado contra la autoridad". www.elconfidencial.com (en castelán). 20 de xaneiro de 2021. Consultado o 20 de xaneiro de 2021. 
  10. "El Congreso aprueba el suplicatorio del 'número tres' de Podemos, Alberto Rodríguez, y da vía libre al Supremo para investigarle". El Mundo (Madrid). EFE. 17 de decembro de 2020. Consultado o 6 de abril de 2021. 
  11. "Batet ejecuta la sentencia del Supremo y quita la condición de diputado a Alberto Rodríguez". El HuffPost (en castelán). 22-10-2021. Consultado o 2021-10-22. 
  12. Parera, Beatriz (16-01-2024). "El TC da la razón a Alberto Rodríguez más de dos años después de perder su escaño". Elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 2024-01-16.