Pablo Echenique

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pablo Echenique
Pablo Echenique 2015b (cropped).jpg
Echenique no 2015.
Nacemento28 de agosto de 1978 (40 anos)
 Rosario, Flag of Argentina.svg Arxentina
NacionalidadeEspaña
Arxentina
Alma máterUniversidade de Zaragoza
OcupaciónCientífico titular no Instituto de Química Física Rocasolano do CSIC e colaborador extraordinario no departamento de Física Teórica da Universidade de Zaragoza
CónxuxeMaría Alejandra Nelo Bazán
editar datos en Wikidata ]

Pablo Echenique Robba, nado en Rosario (Arxentina) o 28 de agosto de 1978, é un científico e político español, de orixe arxentina, que ostenta a dobre nacionalidade española e arxentina.[1] En 2015, foi elixido secretario xeral de Podemos en Aragón[2] e, en 2016, secretario de Organización de Podemos en España.[3] Nas eleccións europeas de 2014 foi elixido eurodeputado pola formación política Podemos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mudouse a Aragón cando tiña 13 anos e estabeleceuse en Zaragoza coa súa nai Irma e a súa irmá Analía. Sofre atrofia muscular espiñal —unha doenza hereditaria e dexenerativa— dende que era pequeno.[4] Por mor diso, ten unha discapacidade do 88 % e móvese en cadeira de rodas. A súa discapacidade foi unha das razóns polas que a súa familia emigrou a Aragón na procura de maiores oportunidades. O 9 de agosto de 2012 casou con María Alejandra Nelo Bazán, venezolana á que coñeceu na universidade cando ela estudaba o doutoramento.[1]

Traxectoria científica[editar | editar a fonte]

Echenique licenciouse en Ciencias Físicas no 2002 e obtivo o doutoramento na Universidade de Zaragoza no 2006 coa tese A bottom up physical approach from small peptides to proteins.[5] Investigou cunha bolsa posdoutoral no Instituto de Biocomputación e Física de Sistemas Complexos da Universidade de Zaragoza. No 2008, obtivo o premio "Romper Barreras" pola adaptación do seu despacho na universidade.[6] Dende 2009, é científico titular do CSIC no Instituto de Química Física Rocasolano. Tamén é colaborador extraordinario do departamento de Física Teórica da Universidade de Zaragoza.[4]

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

Durante un breve período, estivo afiliado a Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía.[7] Logo da fundación de Podemos en xaneiro de 2014, Pablo Echenique uniuse ó novo partido,[8] participando na creación do Círculo Discapacidade,[9] e presentándose como candidato nas primarias para elixir a lista nas eleccións europeas.[10] Os resultados deron a Podemos cinco cadeiras, grazas ó cal Echenique foi elixido eurodeputado.[11] En febreiro de 2015, foi elixido primeiro Secretario Xeral de Podemos en Aragón en primarias abertas e é deputado nas Cortes de Aragón dende o 18 de xuño de 2015. En outubro de 2017, foi substituído na secretaría xeral de Podemos-Aragón por Nacho Escartín.[12]

En 2017 a Inspección de Traballo impúxolle unha multa de 3.126 euros por non dar de alta a un asistente, 2.000 polas cotas defraudadas á Seguridade Social e 1.470 máis de recargos[13].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Mucha, Martín (1 de xuño de 2014). "El otro Pablo de Podemos". Crónica de El Mundo. Consultado o 26 de xuño de 2014. 
  2. Riveiro, Aitor. "Luis Alegre gana Madrid por la mínima y Echenique barre en Aragón en las primarias de Podemos". eldiario.es. Consultado o 13-01-2018. 
  3. Manetto, Francesco (02-04-2016). "Echenique, elegido por unanimidad número tres de Podemos". elpais.com. Consultado o 13-01-2018. 
  4. 4,0 4,1 Materia, [1] consultado 4/12/2015
  5. Universidade de Zaragoza [2] Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. consultado 4/12/2015
  6. Heraldo de Aragón [3] consultado 4/12/2015
  7. "Yo antes era neoliberal, lo confieso. Cascao y neoliberal". Blog "De retrones y hombres". 05-08-2013. Consultado o 13-01-2018. 
  8. heraldo.es [4] consultado 4/12/2015
  9. eldiario.es [5] consultado 4/12/2015
  10. youtube [6] consultado 4/12/2015
  11. Ficha do Parlamento Europeo [7] consultado 4/12/2015
  12. "Nacho Escartín sustituye a Echenique como secretario general de Podemos Aragón". eleconomista.es. 05-10-2017. Consultado o 13-01-2018. 
  13. Pablo Echenique sólo tendrá que abonar 7.000 euros de multa por pagar en negro a su asistente elconfidencialdigital.com

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]