Condado de Cork
| County Cork (en) Contae Chorcaí (ga) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Irlanda | ||||
| Provincias | Munster | ||||
| Capital | Cork | ||||
| Contén a división administrativa | Ballincollig–Carrigaline (en) Bandon–Kinsale (en) Blarney–Macroom (en) Cobh (en) Cork City North-Central (en) Cork City North-East (en) Cork City North-West (en) Cork City South-Central (en) Cork City South-East (en) Cork City South-West (en) East Cork (en) Fermoy (en) Kanturk–Mallow (en) West Cork (en) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 542.196 (2016) | ||||
| Lingua oficial | lingua irlandesa lingua inglesa | ||||
| Xeografía | |||||
| Situado na entidade territorial estatística | South-West Region, Ireland (en) | ||||
| Superficie | 7.500 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| Órgano executivo | office of the Mayor of County Cork (en) | ||||
| Órgano lexislativo | legislative body of Cork County Council (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | IE-CO | ||||
| Sitio web | corkcoco.ie | ||||
O Condado de Cork (Contae Chorcaí en gaélico irlandés) é o máis grande dos condados modernos da República de Irlanda. A Cork coñéceselle polo seu alcume de "O condado Rebelde", debido ó apoio que deu a xente do condado en 1491 a Perkin Warbeck, un pretendente ó trono de Inglaterra durante a Guerra das Dúas Rosas. Xa en tempos máis modernos, o nome fai referencia o papel tan importante que Cork xogou na guerra de independencia de Irlanda (1919-1921) e á súa posición en contra do trato durante a guerra civil (1922-1923). As atraccións inclúen a Pedra de Blarney (no castelo de Blarney) e Cobh (chamada tamén na época da invasión Queenstown) o porto do que saían case tódolos emigrantes irlandeses camiño a Estados Unidos, Canadá, Nova Zelandia ou Australia, e tamén por ser a derradeira parada en porto do Titanic. A cidade de Cork é a segunda máis grande da República de Irlanda e a capital da provincia de Munster.
A zona máis afastada e menos habitada é a súa parte oeste (West Cork) e resulta ser un destino preferido polos turistas que gustan de gozar das pequenas vilas e illas como Sherkin Islands ou Sheep's Head, o círculo megalítico de Drombeg, ou o punto máis suroeste de Irlanda, Mizen Head. Nos últimos anos o terreo da parte máis oeste do condado está moi demandada internacionalmente, é moitos cidadáns da UE fixaron a súa residenca alí, incluíndo personaxes famosos como Jeremy Irons ou Neil Jordan. West Cork é famosa pola súa natureza abrupta, belas praias e unha atmosfera social tan distinta que a fan a parte máis relaxada do país. Tamén é famosa pola cantidade de artesáns, músicos, poetas e dramaturgos que alí residen.
Localidades
[editar | editar a fonte]
- Adrigole, Aghabullogue, Aghada, Allihies
- Ballinadee, Ballinascarthy, Ballincollig, Ballineen, Ballinhassig, Ballinlough, Ballinspittle, Ballycotton, Ballydehob, Ballydesmond, Ballygarvan, Ballylickey, Ballyvourney, Baltimore, Bandon, Banteer, Bantry, Barleycove, Blarney, Buttevant
- Carrigaline, Carrigtwohil, Castletownbere, Castletownroche, Castletownshend, Castlemartyr, Charleville, Clonakilty, Cloyne, Coachford, Cobh, Coolea, Cork, Courtmacsherry, Crookhaven, Crossbarry, Crosshaven
- Doneraile, Douglas, Drimoleauge, Drinagh, Dromahane, Dunmanway, Durrus
- Enniskeane
- Fermoy, Fountainstown
- Glandore, Glanmire, Glengarriff, Glounthaune, Goleen, Gougane Barra, Glenbrook, Cork
- Innishannon
- Kanturk, Kealkill, Killavullen, Kilbrittain, Kilcrohane, Killeagh, Kilmeen, Kilmichael, Kinsale, Knocknagree
- Ladysbridge, Leap
- Macroom, Mahón, Mallow, Midleton, Millstreet, Mitchelstown, Mizen Head, Monkstown
- Newcestown, Newmarket, Newtownshandrum
- Oysterhaven
- Passage West
- Ringaskiddy, Rockchapel, Rosscarbery, Rostellan, Rylane
- Saleen, Schull, Shanagarry, Skibbereen
- Timoleague, Tower
- Union Hall
- Whitegate
- Youghal
| A Galipedia ten un portal sobre: Irlanda |

