Neil Jordan
Neil Jordan | |
---|---|
![]() Neil Jordan no Tribeca Film Festival de 2010. | |
Nome completo | Neil Patrick Jordan |
Nacemento | 25 de febreiro de 1950 |
Lugar | Sligo, Irlanda ![]() |
Nacionalidade | Irlanda |
Educado en | St Paul's College, Raheny |
Cónxuxe(s) | Brenda Rawn (2004–presente) |
Profesión | Director de cine e novelista |
Na rede | |
http://www.neiljordan.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Neil Jordan, nado en Sligo (Irlanda) o 25 de febreiro de 1950, é un director de cine irlandés, gañador do Oscar ó mellor guión orixinal en 1992 por The Crying Game.
O cine de Jordan, é esencia poético, tende a explorar os espazos que se abren máis aló do estado normal de conciencia, con frecuencia recorrendo a elementos plásticos que remiten ao onírico. As súas películas adoptan un punto de vista enteiramente subxectivo en torno a un único personaxe protagonista. É notable o seu gusto pola relectura da narrativa clásica, moitas veces en clave irónica e iconoclasta, como ocorre en Na compaña dos lobos, e tamén a súa visión desprexuizada dos ambientes marxinais, como se pode ver en Breakfast on Pluto.
Biografía[editar | editar a fonte]
Jordan naceu no Condado de Sligo, en Irlanda. Foi educado no St.Paul's College, Raheny e converteuse ao catolicismo. Estudou Historia de Irlanda e Literatura inglesa no University College Dublin. Cando John Boorman estaba a filmar a película Excalibur en Irlanda, recrutouno como guionista.
Filmografía[editar | editar a fonte]
- Angel (1982)
- Na compaña dos lobos (1984)
- Mona Lisa (1986)
- O hotel das pantasmas (1988)
- We're No Angels (1989)
- Amor a unha estraña (1990)
- The Crying Game (1992)
- Interview with the Vampire: The Vampire Chronicles (1994)
- Michael Collins (1996)
- The Butcher Boy (1997)
- The End of the Affair (1999)
- In Dreams (1999)
- The Good Thief (2002)
- Breakfast on Pluto (2005)
- A estraña que hai en ti (2007)
- Ondine. A lenda do mar (2009)
- The Borgias (Serie TV) (2011)
- Byzantium (2012)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Sitio web de Neil Jordan
- Neil Jordan en Internet Movie Database
- Neil Jordan en AllMovie