Condado de Louth
| County Louth (en) Contae Lú (ga) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Irlanda | ||||
| Provincias | Leinster | ||||
| Capital | Dundalk | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 128.375 (2016) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 826 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| Órgano executivo | office of the Cathaoirleach of Louth County Council (en) | ||||
| Órgano lexislativo | legislative body of Louth County Council (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | IE-LH | ||||
| Sitio web | louthcoco.ie… | ||||
O condado de Louth (en gaélico irlandés An Lú) é un condado da provincia de Leinster, na costa occidental de Irlanda. É o condado máis miúdo da illa irlandesa con 820 km² de área (317 millas cuadradas[1]). A súa capital é Dún Dealgan (en irlandés) / Dundalk (en inglés). Contaba cunha poboación de 101.821 habitantes no 2002.
Louth ten como veciños os condados de Armagh e Down (ambos na Irlanda do Norte) polo norte, o Mar da Irlanda polo leste, Meath polo sur e o suroeste e Monaghan polo noroeste.
No condado áchanse unha ruínas chamadas Monasterboice, que posúen grandes cruces celtas entre as que destaca a cruz de Muiredach.
Orixe do nome
[editar | editar a fonte]O nome de Louth provén dun pobo deste condado de nome homónimo, polo deus celta Lugh, cuxa festividade se celebraba no Lúnasa. Actualmente o nome moderno é An Lú, que non ten nada que ver co comparativo/superlativo lú que significa "menor" ou "o menor" nalgunha construcións lingüísticas da lingua irlandesa.
Poboacións
[editar | editar a fonte]Lingua irlandesa
[editar | editar a fonte]A área de Omeath era gaélico parlante até principios dos século 20. Existía un dialecto do irlandés de Louth, mais xa está extinto dende polo menos o 1930 e agora só se pode escoitar en gravacións[2].
Notas
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Condado de Louth |
