Fermoy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fermoy
Mainistir Fhear Maigh
Lema: Seasaigí Go Buan

Provincia Munster
Condado condado de Cork
Poboación (2006) 5.873 hab.
Altitude 72 metros
Páxina web www.fermoy.ie
Localización de Fermoy na Irlanda
52° 08' 00" N 08° 17' 00" O
Cidade da República de Irlanda

Fermoy (en inglés) ou Mainistir Fhear Maigh (en irlandés, ambas formas oficiais) é unha vila irlandesa situada ao sur da Illa, no condado de Cork (provincia de Munster).

Historia[editar | editar a fonte]

O nome da vila vén da lingua irlandesa e fai referencia á abadía cisterciense fundada no século XII. Coa disolución dos mosteiros durante o período Tudor, a abadía e tódalas súas terras pasaron sucesivamente a mans de Sir Richard Grenville, Robert Boyle e William Forward.

Durante a ocupación británica, o campamento militar de Fermoy foi o campamento máis grande da Illa, construíndose un hospital militar con 130 camas. A vila de Fermoy medrou a raíz da presenza do exército británico ata 1922, cando se estableceu o primeiro Estado Libre Irlandés. Durante a Guerra da Independencia, Fermoy foi o escenario do primeiro ataque do IRA a tropas británicas o que fixo que a vila sufrira os ataques máis violentos por parte das forzas británicas, queimando parte do centro da vila.

Hoxe en día, o monte no que se atopaba o campamento denomínase Barrack Hill.

Ligazóns[editar | editar a fonte]