Condado de Wicklow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
County Wicklow
Contae Cill Mhantáin
County colors of Longford and Wicklow (1x2 ratio).svg Wicklowcocoarms.png
Bandeira Escudo
Mapa
IrelandWicklow.png
Información
País Flag of Ireland.svg República de Irlanda
Provincia Flag of leinster.png Leinster
Capital Wicklow
Superficie 2.024 km2
Poboación 126.194 (2006)[1]
Código WW
wicklow.ie

O condado de Wicklow (en gaélico irlandés Contae Chill Mhantáin) é un condado da provincia de Leinster (República de Irlanda), dentro da rexión Medio-Leste. O seu nome provén do pobo de Wicklow, que deriva do antigo nórdico Víkingalág ou Wykynlo. Está situado ao sur do condado de Dublín.

A capital do condado é Wicklow (9.355 habitantes), aínda que a cidade máis grande é Bray (30.951 habitantes). Outras cidades importantes son Greystones (11.913 habitantes) ou Arklow (9.993 habitantes).

Xeografía[editar | editar a fonte]

Wicklow é coloquialmente coñecido como o Condado Xardín.[2] É do décimo sétimo maior dos 32 condados de Irlanda por área e o 17º por poboación.[3] É o cuarto dos 12 condados de Leinster por tamaño e o quinto por poboación.

Poboacións[editar | editar a fonte]

Xeoloxía[editar | editar a fonte]

A cordilleira das Montañas Wicklow é a maior rexión elevada continua de Irlanda. O pico máis alto desta serra, Lugnaquilla, acada os 925 metros, sendo o segundo maior cumio de Irlanda, tras Carrauntoohil, en Kerry. O Camiño de Wicklow é a ruta longa sinalada máis antiga de Irlanda, atraendo a día de hoxe xente á area para practicar sendeirismo, así como pesca e rafting. Tamén no camiño se atopa o conxunto monacal de Glendalough, que se cre fundado por St. Kevin, actualmente polo de atracción turística; así como a fervenza de Powerscourt, a maior cachoeira de Irlanda.


Montes de Wicklow

Montes de Wicklow

A área montañosa está formada principalmente por granito, cunha zona marxinal de micaxistos, producida por contacto con estrato silúrico.

Litoral[editar | editar a fonte]

A costa atópase no leste do condado e ten uns 60 km desde Bray até Arklow. Consiste nunha serie de numerosas pequenas baías con praias de area, a miúdo con dunas, como por exemplo Brittas Bay. Os principais cabos son Wicklow Head, Ardmore Point, Bray Head and Mizen Head, que non confundir co de Cork. Bray Head é especial en Irlanda, pois é cruzado por unha liña de tren que pasa xusto ao lado dos cantís, que xa tivo que ser reaxustada varias veces debido á erosión do mar.

Hidroloxía[editar | editar a fonte]

Entre os ríos de Wicklow destacan o Avoca, o Liffey e o río Vartry, que flúe a través do Val do Demo (Devil's Glen) até a súa foz ao norte de Wicklow. A confluencia dos ríos Avonmore e Avonbeg coñécese como "o encontro das augas" (the meeting of the waters); e a combinación resultante, coñecida como o río Avoca, despois de recoller a auga do río Aughrim, vai até o Mar de Irlanda en Arklow. O río Slaney atópase do occidente do condado, facendo fronteira co condado de Carlow. Neste condado atópase a central hidroeléctrica reversible de Turlough Hill, un importante proxecto de enxeñaría civil feito nas décadas dos 1960 e 1970. O primeiro parque eólico en mar a fóra de Irlanda atópase ante as costas de Arklow. Os lagos son pequenos pero numerosos, localizados principalmente en vales de montaña e circos glaciares. Exemplos destes son Lough Dan, Lough Tay, Lough Brae, os lagos de Glendalough como tamén o pantano de Poulaphouca (o maior en volume).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Census 2006 - Population of each province, county and city". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2011. Consultado o 09 de xuño de 2012. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2012. Consultado o 09 de xuño de 2012. 
  3. Corry, Eoghan (2005). Hodder Headline Ireland, ed. The GAA Book of Lists. pp. 186–191. ISBN 0-340-89695-7. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]