Saltar ao contido

Insua dos Poetas

Insua dos Poetas
A Esgueva Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Wikidata C:Commons

A Insua dos Poetas é un parque situado na Esgueva (Madarnás, O Carballiño), a carón do río Pedriña.

O espazo acolle esculturas adicadas a poetas da literatura galega. Está xestionado pola Fundación Insua dos Poetas, que preside Luís González Tosar.

Fundación Insua dos Poetas

[editar | editar a fonte]

A historia da Insua dos Poetas comeza en 2007 como un espazo cultural dedicado á promoción da arte e a cultura galega. En 2009 créase a Fundación Insua dos Poetas, unha entidade pública comprometida co diálogo entre a natureza, a literatura e as artes plásticas.[1]

O proxecto céntrase na defensa do medio ambiente, a preservación e promoción da lingua e cultura de Galicia e o apoio ás distintas expresións artísticas.

Cada ano organiza actividades fixas como o Día das Letras Galegas, a Festa da Palabra, o Día da Árbore, Día da Auga, Día da Terra, Día do Libro e o Día da Poesía.

En 2026 conta no parque con 19 instalacións artísticas -incluídas a escultura da musa da poesía, Calíope, e a Fonte das Sete Palabras-, que honran a Xosé María Díaz Castro, Celso Emilio Ferreiro, os poetas do Rexurdimento (Rosalía, Curros e Pondal), Eduardo Blanco-Amor, Francisco Luís Bernárdez, Pura e Dora Vázquez, Carlos Casares, Víctor Campio Pereira, Antón Tovar, Brais Pinto, Arcadio López Casanova, Xosé Luís Méndez Ferrín, Castelao, Fernan Paáez de Tamalancos, Xela Arias, Álvaro Cunqueiro e Fedreico García Lorca.

Ademais conta con dúas galerías de retratos na Insua:

A Fundación tamén promove concertos na Insua: Milladoiro, Sés, Xisco Feijoo, Luar na Lubre, A banda da Loba...

A Festa da Palabra

[editar | editar a fonte]

É o acto anual máis importante do ano organizado pola Fundación Insua dos Poetas. Celébrase desde 2009 cando fixeron fillo adoptivo do Irixo a Luís González Tosar. Réndese homenaxe a un/unha escritor/a, inaugúrase unha escultura de homenaxe e faise entrega dos Premios Insua dos Poetas. Hai actuacións musicais e poéticas en honor ao/á homenaxeado/a. Remátase cun xantar comunitario na Insua.

2009, I Festa da Palabra: Recoñecemento a Luís González Tosar

[editar | editar a fonte]

Celebrouse o 5 de xullo e serviu para honrar o poeta e presidente da fundación, Luís González Tosar, pola iniciativa de ceder a chousa familiar para convertela nun parque escultórico e literario.[2]

2010, II Festa da Palabra: Homenaxe a Arturo Baltar

[editar | editar a fonte]

Foi o 10 de xullo de 2010 cunha homenaxe colectiva á traxectoria artística e creativa do escultor ourensán Arturo Baltar. Antón Lamazares, Ánxeles Cuña, Víctor Campio ou Méndez Ferrín falaron sobre o escultor. Celebrouse un xantar de irmandade.[3]

2011, III Festa da Palabra: Homenaxe a Xosé María Díaz Castro

[editar | editar a fonte]

Celebrouse o 9 de xullo de 2011.[4]

Primeiros Premios Setestrelo:

[editar | editar a fonte]

Inaugurouse a primeira escultura, obra do escultor Xosé Cid, símbolo da esencia poética de Nimbos de Díaz Castro, no cincuenta aniversario do libro.

Os premiados recibiron unha peza de Acisclo Manzano.

2011, IV Festa da Palabra: Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro

[editar | editar a fonte]

Foi o 28 de xullo de 2012, no centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro e os 50 anos da publicación do seu libro Longa noite de pedra.[5]

O escultor Manuel Penín creou unha obra inspirada no ‘Irmaus’, do que figuran inscritos os primeiros versos.

Pemios Setecarballas:

[editar | editar a fonte]
  • Literatura: Víctor Campio.
  • Artes plásticas: Alfonso Sucasas, a título póstumo.
  • Medio ambiente: Antonio González, párroco do Irixo.
  • Acción social: Asociación Ourensá de Hemofilia.
  • Emigración: Centro Partido do Carballiño en Buenos Aires.
  • Comunicación: xornal gratuíto De Luns a Venres.
  • Cooperativismo: Grupo Coren.

2013, V Festa da Palabra: Homenaxe aos Poetas do Rexurdimento.

[editar | editar a fonte]

O 20 de xullo de 2013 homenaxeouse a Rosalía, Curros e Pondal, con motivo da celebración do 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos. A peza escultórica foi obra de Pedro José Rodríguez Álvarez.[6]

Premios Setecarballas:

[editar | editar a fonte]
  • Iniciativa Cultural: Fundación Premios da Crítica de Galicia.
  • Arte e Natureza: Antón Sobral.
  • Medio Ambiente: Asociación Ridimoas.
  • Cultura Galega na Emigración: Instituto Santiago Apóstolo de Buenos Aires.
  • Compromiso Empresarial: Aceites Abril.
  • Acción Social: Asociación Antidroga Renacer de Ribeira.
  • Medio de Comunicación: Sección de Cultura do xornal La Voz de Galicia

2014, VI Festa da Palabra: Homenaxe a Eduardo Blanco Amor

[editar | editar a fonte]

O 12 de xullo de 2014 os artistas Acisclo Manzano e c descubriron un onxunto escultórico na honra do autor de A esmorga.[7]

Premios Setecarballas:

[editar | editar a fonte]
  • Carballa das Letras: Fundación Curros Enríquez.
  • Carballa das Artes: Nicolás González Aller.
  • Carballa da Natureza: Equal Sociedade Cooperativa galega.
  • Carballa da Cultura Galega na Emigración: Asociación Terzo da Fala de Buenos Aires.
  • Carballa do Compromiso Empresarial: Adega Cooperativa do Ribeiro
  • Carballa de Acción Social: Asociación de Discapacitados Físicos do Carballiño
  • Carballa de Comunicación: xornal La Región

2015, VII Festa da Palabra: Homenaxe a Francisco Luís Bernárdez

[editar | editar a fonte]

Foi o 18 de xullo de 2015, rendeuse homenaxe ao escritor e poeta Francisco Luís Bernárdez, destacando os lazos culturais históricos que unen a Galicia con Arxentina. Inaugurouse a composición escultórica de Luís González Tosar e Mon Devane e a Fonte das Sete Palabras.[8]

Premios Insua dos Poetas:

[editar | editar a fonte]
  • Letras: Manuel Rivas.
  • Cultura galega na emigración: Francisco Lores Mascato, presidente da Federación de Sociedades Gallegas da República Arxentina.
  • Arte e Medio Ambiente: Grupo Ecoloxista Outeiro.
  • Compromiso Económico e Social: Grupo Gadisa.
  • Comunicación e Difusión Cultural: xornal Faro de Vigo.

2016, VIII Festa da Palabra: Homenaxe a Pura e Dora Vázquez

[editar | editar a fonte]

Foi o 16 de xullo de 2016 e desvelouse a obra en pedra “O lapis das mestras”, de Luís González Tosar.[9]

Premios Insua dos Poetas:

[editar | editar a fonte]
  • Creación literaria: Inma López Silva.
  • Defensa da cultura galega no exterior: Irmandade Galega de Caracas.
  • Medios de comunicación en galego: Xan Fernández Pinal, da Cope do Carballiño.
  • Defensa do patrimonio etnográfico: grupo cultural “Chamoso Lamas”.
  • Acción empresarial no eido da cultura: Adegas Cachín

2017, IX Festa da Palabra: Homenaxe a Carlos Casares

[editar | editar a fonte]

Inaugurous a escultura “Vento ferido” de Manuel García de Buciños.[10]

Premios Insua dos Poetas:

[editar | editar a fonte]

2018, X Festa da Palabra: Homenaxe a Víctor Campio Pereira

[editar | editar a fonte]

Celebrouse o 28 de xullo de 2018 a homenaxe ao autor de Garabás. A peza escultórica “Caste” foi creación de Luís González Tosar e Manuel Nogueira.[11]

Premios Insua dos Poetas:

[editar | editar a fonte]
  • Defensa e conservación do Medio Ambiente: Plataforma mina Touro-O Pino NON.
  • Artes plásticas: Siro López.
  • Emigración: Beatriz Carballo Regueira, secretaria da Asociación Hijos de Zas en Buenos Aires.
  • Iniciativa empresarial a favor da cultura: Andrés Rodríguez, presidente de Viña Costeira Adega.
  • Acción social: Benigno Moure, presidente da Fundación San Rosendo.
  • Creación literaria: Bieito Iglesias.

2019, XI Festa da Palabra: Homenaxe a Antón Tovar

[editar | editar a fonte]

Celebrouse o 20 de xullo de 2019 e a escultura “Un pingar de versos” foi obra de José Antonio Mosquera.[12]

Premios Insua dos Poetas:

[editar | editar a fonte]
  • Creación literaria: María Solar.
  • Artes plásticas: María Victoria Carballo-Calero.
  • Lingua e literatura galega na diáspora: Centro Galicia de Buenos Aires.
  • Acción social: Asociación de veciños de Madarnás.
  • Iniciativa empresarial: Manuel Bernárdez Otero.
  • Imaxe e audiovisual: Asociación Fotográfica O Potiños.
  • Medios de comunicación: Cadena Ser do Carballiño.

2020, XII Festa da Palabra: Centenario da Revista Nós

[editar | editar a fonte]

Celebrouse o 20 de xullo de 2020, no centenario da Revista Nós. No acto inaugurouse o Auditorio Nós e a Fonte da auga do aloumiño.[13]

Premios Insua dos Poetas:

[editar | editar a fonte]
  • Emigración: Rejina Jallas.
  • Premio especial para as traballadoras da residencia integrada de Os Milagres en Baños de Molgas.

2021, XIII Festa da Palabra: Homenaxe a Federico García Lorca

[editar | editar a fonte]

Celebrouse o 3 de xullo de 2021 coa escultura realizada por Soledad Penalta, na que se poden ler os Seis poemas galegos de Lorca.[14]

Premios Insua dos Poetas:

[editar | editar a fonte]
  • Literatura: Yolanda Castaño.
  • Música: Orfeón do Carballiño.
  • Iniciativa Social: Fundación Amaranta.
  • Emigración: Diego Martínez Duro.
  • Comunicación: Maribel Outeiriño, xornalista de La Región.
  • Emprendemento: Marisol Novoa, presidenta da CEO.
  • Artes Plásticas: Vidal Souto, a título póstumo.

2022, XIV Festa da Palabra: Homenaxe ao Grupo Brais Pinto

[editar | editar a fonte]

Celebrouse o 16 de xullo de e descubriuse unha escultura de Ramón Conde.[15]

Premios Insua dos Poetas:

[editar | editar a fonte]
  • Literatura: Ramón Caride.
  • Investigación e promoción cultural: Felipe Senén.
  • Másica : Bieito Romero de Luar na Lubre.
  • Artes plásticas: Pilar Corredoira.
  • Promoción da nosa cultura: Festival de Teatro Galego do Carballiño.
  • Cultura rural: “Cos pés na terra”, programa da TVG.
  • Emigración: José María Vila Alén.

2023, XV Festa da Palabra: Homenaxe a Arcadio López Casanova

[editar | editar a fonte]

Celebrouse o 23 de xullo de 2013. A peza escultórica "Kermesse para Arcadio" foi obra de Antón Pulido.[16]

Premios Insua dos Poetas:

[editar | editar a fonte]
  • Literatura: Concha Blanco.
  • Creación Artística: Xulio Gil.
  • Iniciativa Cultural: Festa da Istoria de Ribadavia.
  • Colectivo ou institución destacada do Carballiño: CD Arenteiro.
  • Acción Social: Federación Down Galicia.
  • Defensa do Medio Ambiente: Fundación Eira.
  • Cultura Galega e Emigración: Familia Fragoso-Pegito.

2024, XVI Festa da Palabra: Homenaxe a Xosé Luís Méndez Ferrín

[editar | editar a fonte]

Celebrouse o 20 de xullo de 2024 e descubriuse a escultura "Espiral", obra de Alberto Fernández.[17]

Premios Insua dos Poetas:

[editar | editar a fonte]
  • Creación Literaria: Xosé Luis Méndez Ferrín.
  • Artes Plásticas: Mercedes Gallego Esperanza.
  • Música: Lucía Pérez.
  • Promoción da cultura galega na comarca: Agrupación Cultural Avantar.
  • Acción Social: Federación Autismo Galicia.
  • Cultura galega na emigración: Alberto López Barros
  • Comunicación: Badal Novas.

2025, XVII Festa da Palabra: Homenaxe a Castelao

[editar | editar a fonte]

Celebrouse o 19 de xullo de 2025, Ano Castelao, e a escultura “A porta de Castelao” foi obra de Antón Pulido.[18]

Premios Insua dos Poetas:

[editar | editar a fonte]
  • Literatura: César Lorenzo (polo seu blog Os biosbardos).
  • Lingua galega nos medios de comunicación: María Xosé Porteiro.
  • Defensa da cultura propia: Editorial Galaxia.
  • Audiovisual en galego: Cineclube Padre Feijoo.
  • Colectivo galeguizador: Irmandade da Sanidade Galega.
  • Protección da natureza: CEIP Curros Enríquez de Celanova.
  • Cultura na emigración: Ramón Aguiño.

2026, XVIII Festa da Palabra: Homenaxe a Fernan Paez de Tamalancos

[editar | editar a fonte]
Festa da Palabra 2026

Celebrouse o 18 de xullo de 2026 e inaugurouse un templete de homenaxe ao trobador, obra dos alumnos do Centro Integrado de FP Cantería de Galicia en Poio.[19]

Premios Insua dos Poetas:

[editar | editar a fonte]

Outros actos da Fundación Insua dos Poetas

[editar | editar a fonte]

O 27 de marzo de 2021, a Insua celebrou a poeta Xela Arias coa “Lúa preñada de soños”, unha obra da autoría de Alberto Fernández.

17 de decembro de 2022, no 111 aniversario do nacemento de Álvaro Cunqueiro instalouse na Ínsua dos Poetas unha peza alegórica da autoría de Tatiana R. Fírvida.

Andaina Camiño de Nós

[editar | editar a fonte]

Unha etapa simbólica do Camiño de Nós, unha ruta próxima á Ínsua dos Poetas, aberto a persoas de todas as idades, combina a experiencia de camiñar coa apreciación literaria. Ao final da xornada todos os participantes reciben un diploma como recordo da súa participación.[20]

Día do Libro

[editar | editar a fonte]

Preténdese fomentar o amor pola lectura e valorar o traballo dos escritores. Os máis cativos reciben libros como agasallo, incentivando o hábito de ler desde idades temperás. É uUnha xornada para exaltar o poder dos libros como ferramentas de coñecemento, cultura e liberdade.[21]

Encontro de coros infantís e xuvenís

[editar | editar a fonte]

Tenta achegar a arte coral á mocidade, ofrecendo un espazo de convivencia e intercambio cultural e musical na contorna. Procura fomentar a actividade artístico-musical entre o alumnado de colexios e centros de ensino.[22]

Está pensado para os máis pequenos, onde a tradición e a literatura van da man. Durante esta xornada, os nenos e nenas poden gozar de actividades como pintacaras e obradoiros de creación de máscaras. Ademais, o evento conta coa presenza de magos e outros artistas.[23]

Magosto dos nenos

[editar | editar a fonte]

Celébrase o nun ambiente lúdico e participativo, con xogos tradicionais galegos.f Organízase un concurso interxeracional onde adultos e nenos comparten momentos de diversión e aprendizaxe. Como remate un magosto no parque.[24]

Festival Music and Poetry

[editar | editar a fonte]

Fusiona música e poesía nunha experiencia nova. Reúne artistas galegos que, a través das súas actuacións, destacan o mellor da creación musical e poética da nosa terra. [25]

Edición de poesía

[editar | editar a fonte]

A colaboración entre Aira editorial e a Fundación Insua dos Poetas deu como froito a creación da colección de poesía Valilongo desde 2023.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ seseixa (2021-04-20). "Insua dos Poetas. Un parque temático para el gallego en O Carballiño". Galicia con niños GALICIA MÁXICA (en castelán). Consultado o 2026-08-31.
  2. ↑ Hernández, Maribel Outeiriño/Inmanol (2009-07-05). "La I Festa da Palabra honra a González Tosar". La Región (en castelán). Consultado o 2026-08-31.
  3. ↑ Ourense, Redacción- (2010-07-11). "A II Festa da Palabra rendiu homenaxe ao escultor Arturo Baltar pola traxectoria artística". Faro de Vigo. Consultado o 2026-08-31.
  4. ↑ "A Festa da Palabra 2011 lembrará ao escritor Xosé María Díaz Castro". La Voz de Galicia. 2011-05-05. Consultado o 2026-08-31.
  5. ↑ "IV Edición da Festa da Palabra, dedicada a Celso Emilio Ferreiro – Fundacion Carlos Casares". Consultado o 2026-08-31.
  6. ↑ "A Insua dos Poetas homenaxea ao Rexurdimento literario". La Voz de Galicia. 2013-06-06. Consultado o 2026-08-31.
  7. ↑ Cultura, Secretaría Xeral de. "Nova: A VI Festa da Palabra recorda a Eduardo Blanco Amor no 35.º cabodano do seu falecemento Cultura de Galicia". www.cultura.gal. Consultado o 2026-08-31.
  8. ↑ "A VII "Festa da Palabra" revindica a figura do galeguista e xornalista Francisco Luís Bernárdez Deputación Provincial de Ourense". www.depourense.gal. Consultado o 2026-08-31.
  9. ↑ Sil, Xornal O. (2016-07-11). "A VIII Festa da Palabra lembra ás irmás Pura e Dora Vázquez este sábado". O Sil, periódico en galego de información xeral. Consultado o 2026-08-31.
  10. ↑ "IX Festa da Palabra, dedicada a Carlos Casares (2017-07-15)". Consultado o 2026-08-31.
  11. ↑ Cultura, Secretaría Xeral de. "Nova: A Insua dos Poetas réndelle unha homenaxe póstuma ao poeta Víctor Campio Pereira Cultura de Galicia". www.cultura.gal. Consultado o 2026-08-31.
  12. ↑ Cultura, Secretaría Xeral de. "Nova: Homenaxe a Antón Tovar na XI Festa da Palabra Cultura de Galicia". www.cultura.gal. Consultado o 2026-08-31.
  13. ↑ Redacción (2020-07-16). "Os premios Ínsua dos Poetas recoñecen Pilar García Negro, Sés e o persoal sanitario". Nós Diario. Consultado o 2026-08-31.
  14. ↑ Pinal, Sabela (2021-07-03). "Os seis poemas galegos de Lorca inspiraron a XIII Festa da Palabra". La Región. Consultado o 2026-08-31.
  15. ↑ "A Xunta súmase ás homenaxes ao grupo Brais Pinto na XIV Festa da Palabra celebrada na Insua dos Poetas". xunta.gal. Consultado o 31 de agosto de 2026.
  16. ↑ Redacción (2023-07-29). "A Festa da Palabra do Carballiño homenaxea a Arcadio López Casanova". Nós Diario. Consultado o 2026-08-31.
  17. ↑ "Luis Menor reafirma na XVI Festa da Palabra o compromiso da Deputación coa "nosa cultura, un dos piares da folla de ruta do goberno provincial" Deputación Provincial de Ourense". www.depourense.gal. Consultado o 2026-08-31.
  18. ↑ Redacción (2025-07-18). "A Insua dos Poetas homenaxea o legado político e literario de Castelao na XVII Festa da Palabra". Nós Diario. Consultado o 2026-08-31.
  19. ↑ Gallega, Antía (2026-07-18). "Lembrar e reivindicar o galego dende hoxe ó medievo: «Unha lingua de reis»". Faro de Vigo. Consultado o 2026-08-31.
  20. ↑ amil (2021-09-26). "Andaina cultural: "Camiño de Nós-Insua dos Poetas"". BadalNovas. Consultado o 2026-08-31.
  21. ↑ Pinal, Sabela (2025-05-07). "Os escolares celebrarán o Día do Libro na Insua dos Poetas". La Región. Consultado o 2026-08-31.
  22. ↑ Muleiro, María (2024-06-17). "O Encontro de Coros reúne na Insua dos Poetas a 90 nenos e mozos". BadalNovas. Consultado o 2026-08-31.
  23. ↑ "Cortegada y la Insua dos Poetas celebran su entroido". La Voz de Galicia (en castelán). 2024-02-23. Consultado o 2026-08-31.
  24. ↑ Pinal, Sabela (2022-11-06). "A Insua dos Poetas, marco do magosto en lingua galega". La Región. Consultado o 2026-08-31.
  25. ↑ Región, La (2025-09-25). "Certamen Music & Poetry en Ínsua dos Poetas, O Carballiño". La Región (en castelán). Consultado o 2026-08-31.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]