Sarcopterixios
| Sarcopterixios | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Sarcopterygii Alfred Romer 1955 | |||||||
|
Instancia de
| |||||||
|
Categoría taxonómica
| |||||||
|
Taxon superior
| |||||||
|
Subdivisións
| |||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||
| Reino | Animalia | ||||||
| Subreino | Eumetazoa | ||||||
| Superfilo | Deuterostomia | ||||||
| Filo | Chordata | ||||||
| Subfilo | Vertebrata | ||||||
| Infrafilo | Gnathostomata | ||||||
| Superclase | Osteichthyes | ||||||
| Clase | Sarcopterygii | ||||||
| Datas | |||||||
| |||||||
| Identificadores | |||||||
| |||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||
A dos sarcopterixios (Sarcopterygii), é unha clase,[1] ou superclase, segundo os autores,[2] de vertebrados gnatostomados que comprende unhas poucas especies actuais de peixes óseos coñecidos na bibliografía internacional como peixes de aletas carnosas ou peixes de aletas lobuladas.
Características
[editar | editar a fonte]Os peixes sarcopterixios posúen esqueleto óseo, teñen mandíbulas e dentes con esmalte. A pel está recuberta por escamas que, nas especies extintas, posuían unha capa de cosmina na superficie. Nas especies actuais a aleta caudal é dificerca: a columna vertebral chega ata o extremo da cola e a membrana desenvólvese simetricamente cara a arriba e cara a abaixo. As aletas son pares e posúen unha única peza esquelética basal, con raios dermais curtos.
As branquias están sostidas por arcos branquiais. O corazón ten un seo venoso, un cono arterioso e dous atrios, e presenta división parcial do ventrículo. A circulación presenta dous circuítos, pulmonar e sistémico, diferenciados. Os pulmóns utilízanse para respirar no caso dos dipnoos, pero non no caso do celacanto, no que cumpre a función dun órgano de flotación. O sistema nervioso posúe cerebro, cerebelo e lobos ópticos diferenciados.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A clase dos sarcopterixios foi descrita en 1955 (como superclase) polo paleontolólogo e zoólogo estadounidense Alfred Sherwood Romer, no seu traballo "Herpetichthyes, Amphibioidei, Choanichthyes or Sarcopterygii?". Nature 176: 126.[2]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O termo Sarcopterygii está formado polo elemento do latín científico sarco-, tirado do grego antigo σάρξ σαρκός sárx, sarkós, "carne", e a palabra grega πτέρυξ πτέρ υγος ptéryx, ptérygos "aleta", coa adición da desinencia -ii, indicando plural. Literalmente: "os de aletas de carne", aludindo á súa principal catacterística.
Clasificación
[editar | editar a fonte]O carácter distintivo de posuíren aletas pares carnosas e lobuladas, que lembra as extremidades de tipo quiridio dos primeiros anfibios, e proba que os vertebrados terrestres descenden dos antigos peixes sarcopterixios. Esta relación de descendencia obriga, na sistemática cladística, a incluír os tetrápodos dentro dos Sarcopterygii, formando con eles un taxon monofilético (véxase filoxenia máis abaixo).
Na clasificación taxonómica clásica, a clase dos Sarcopterygii comprende tres subclases:
- Subclase Coelacanthimorpha, con diversos xéneros fósiles, sobre todo do Devoniano e o Carbonífero, e un único xénero actual, Latimeria (os celacantos).
- Subclase Dipnoi, ou peixes pulmonados, así denominados porque posúen pulmóns funcionais, derivados da vexiga natatoria, así como orificios nasais abertos ó exterior. Isto permítelles respiraren aire na superficie da auga sen recorrer á boca.
- Subclase Tetrapodomorpha, sarcopterixios extintos do Devoniano con diversos caracteres dos tetrápodos. As formas primitivas tiñan unha aparencia intermedia entre os peixes e os anfibios.
Clasificación segundo o SIIT
[editar | editar a fonte]Segundo o Sistema Integrado de Información Taxonómica (SIIT), a clase comprende as seguintes ordes:[3]
Clase Sarcopterygii
- Subclase Coelacanthimorpha
- Orde Coelacanthiformes
- Suclase Dipnoi
- Superorde Ceratodontimorpha
- Orde Ceratodontiformes
- Orde Lepidosireniformes
- Superorde Ceratodontimorpha
Especies actuais
[editar | editar a fonte]Na actualidade só sobreviven as seguintes especies de sarcopterixios:[4]
- Orde Coelacanthiformes
- Familia Latimeriidae

Panderichthys, coloniza baixos lamnacentos. Tiktaalik, con aletas semellantes a patas que podían arrastralo ata terra.
Primeiros tetrápodos, en zonas pantanosas colmatadas por vexetación: Acanthostega, con patas de oito dedos. Ichthyostega con patas. Entre os descendentes cóntanse tamén formas peláxicas como os celacantos.
- Orde Lepidosireniformes
Filoxenia
[editar | editar a fonte]As relacións filoxenéticas dos sarcopterigios son as seguintes:[5][6]
| Sarcopterygii |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Sarcopterixios |
| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Sarcopterixios |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm.. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 978-0-940228-47-5.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York, NY, EUA: John Wiley & Sons. ISBN 978-0-471-25031-7.