Coelacanthus
- Artigo principal: Actinistios.
Coelacanthus Rango fósil: Permiano - Xurásico | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Coelacanthus whitea | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
|
Coelacanthus é un xénero extinto de celacantos. un dos cinco que integran a familia dos celacántidos (Coelacanthidae), que apareceron orixinalmente durante o período permiano.
Foi o primeiro xénero de celacantos en ser descrito, e a orde dos celacantiformes (Coelacanthiformes), así como a familia dos celacántidos, recibiron o seu nome deste xénero.
Características
[editar | editar a fonte]Os membros deste xénero tiñan un parecido superficial aos actuais celacantos (xénero Latimeria), aínda que eran máis pequenos, e tiñan a cabeza máis alongada.
Podían chegar a medir 90 cm de lonxitude, e tiñan pequeaas aletas lobuladas, o que suxire que as especies de Coelacanthus eran depredadores de augas abertas.
Coelacanthus foi un xénero lonxevo de distribución cosmopolita.
Logrou sobrevivir á extinción masiva do Permiano-Triásico, extinguíndose eventualmente durante o final do período xurásico superior, hai cerca de 145 millóns de anos.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1836 polo zoólogo e xeólogo estadounidense de orixe suíza Louis Agassiz en Recherches Sur Les Poissons Fossiles, 6ª achega.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome Coelacanthus (que significa "de espiñas ocas") está formado polo elemento do latín científico coelo-, tirado do grego antigo κοῖλος koîlos, "oco", e do termo grego ἄκανθα ákantha,"espiña", coa desinencia -us, indicando substantivo masculino.[1]
Especies
[editar | editar a fonte]Xénero Coelacanthus
- Coelacanthus banffensis Lambe, 1916[2]
- Coelacanthus evolutus Beltan, 1980
- Coelacanthus gracilis Agassiz, 1844,
- Coelacanthus granulatus Agassiz, 1836
- Coelacanthus harlemensis Winkler, 1871
- Coelacanthus lunzensis Reis, 1900
- Coelacanthus madagascariensis Woodward, 1910[3]
- Coelacanthus minor Agassiz, 1844
- Coelacanthus welleri Eastman, 1908
- Coelacanthus whitea Lehman, 1952
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Coelacanthus en myEtymology.
- ↑ L. M. Lambe. 1916. "Ganoid fishes from near Banff, Alberta". Proceedings and Transactions of the Royal Society of Canada, Series 3 (10): 35-44.
- ↑ J. A. Moy-Thomas. 1935. "The coelacanth fishes from Madagascar". Geological magazine 72: 213-226.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Coelacanthus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Agassiz, L. (1833-43): Recherches Sur Les Poissons Fossiles. 5 vols. Imprimerie de Petitpierre, Neuchâtel.
- Sepkoski, J. J. (2002): "A compendium of fossil marine animal genera". Bulletins of American Paleontology 363: 1-560.