Río Chalumna
Tipo | río ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
División administrativa | O Cabo Oriental, Suráfrica ![]() | |||
Final | ||||
Localización | Océano Índico ![]() | |||
| ||||
Características | ||||
Dimensións | 78 (![]() | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 441 km² ![]() | |||
O río Chalumna (en inglés: Chalumna River; en xhosa: Tyolomnqa) é un río da provincia do Cabo Oriental, Suráfrica. De aproximadamente 78 km de lonxitude, fórmase pola confluencia de dous pequenos ríos, o Qugwala polo oeste, e o Mtyolo polo leste. Desemboca no océano Índico formando un estuario cerca de Kayser's Beach.
A súa zona de captura, de 441 km², é unha das concas hidrográficas máis pequenas da costa leste de Suráfica. A súa desembocadura etá a 45 km ao suroeste do estuario do río Buffalo, en East London.
A anguía de aletas longas africana (Anguilla mossambica) é común nas súas augas.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Foi preto da desembocadura deste río cando, en 1938 o patrón de pesca Hendrik Goosen encontrou, entre as capturas de peixe, un moi estraño que lle entregou a Marjorie Courtenay-Latimer, do East London Museum. Máis adiante este peixe foi identificado como un celacanto, unha especie que se pensaba que estaba extinta desde moitos millóns de anos atrás e que, nese moneto, foi recoñecida no rexistro fósil. Despois do descubrimento, o nome do río Chalumna converteuse en parte do nome científico da especie, Latimeria chalumnae.[2][3]
Historicamente o río Chalumna formaba a fronteira norte do antigo Ciskei, até o 27 de abril de 1994, en que todas as rexións políticas da era do Apartheid se reincorporaron a Suráfrica.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Froese, R. & D. Pauly eds. (2015): FishBase.
- ↑ Milestones - Coelacanth, Latimeria chalumnae Smith, 1939
- ↑ Romero, P. (2002): An etymological dictionary of taxonomy. Madrid, non publicado.