Flotabilidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

A flotabilidade é a capacidade que teñen os corpos de manterse na superficie dun líquido sen afundirse[1]. Se a densidade dun corpo é maior que a do líquido, afundirase e, se é menor, flotará. Así pois, distínguese:

  • corpo de flotabilidade positiva: o obxecto remonta, saíndo a flote (Po < Pa, sendo Po o peso do obxecto e Pa o peso do líquido desaloxado por el) ;
  • corpo de flotabilidade negativa: o obxecto afonda (Po > Pa) ;
  • corpo de flotabilidade nulea: o obxecto mantense entre dúas augas (Po = Pa).

O cálculo e modificación da capacidade de flotación dun corpo ten aplicacións na vida diaria, como o deseño de naves (barcos, submarinos), deseño de aeróstatos: globos, dirixibles) ou a práctica de deportes subacuáticos (mergullo, pesca submarina etc).

Introdución[editar | editar a fonte]

Se un objecto é máis lixeiro que a auga que despraza, flota; se é máis pesado, afonde.

Un obxecto cóncavo (por exemplo un barco de aceiro) pode desprazar un volume de auga de masa maior á súa propia, e flotar, mais arrisca de afondir se a auga penetra na parte cóncava (un navío de ferro pode ir ó fondo, mentres unha balsa de cortiza non é mergullable).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Garrido González, Antonio. Ciencias da Natureza 5. Rodeira-grupo edebé. 2015.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]