Gaitelgrima de Puglia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outros personaxes do mesmo nome véxase Gaitelgrima.

Gaitelgrima de Puglia ou Guaidalgrima finada despois de 1127, foi unhas princesa normanda e duquesa de Puglia e Calabria.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Probabelmente filla de Xordano I ou Xordano II de Capua (ou se cadra de Roberto de Caiazzo), no 1114 converteuse na segunda esposa de Guillerme II, duque de Puglia e Calabria. Guillerme morreu asasinado nunha conxura palatina o 4 de agosto de 1127 e, segundo a lenda, a muller, esnaquizada pola dor, cortou os seus longos cabelos loiros en sinal de loito - seguida no exemplo por todas as doncelas do seu séquito - e púxoos sobre o sarcófago do seu home, aínda hoxe visíbel no adro da catedral de Salerno.

Fontes[editar | editar a fonte]

  • Houben, Hubert. Roger II of Sicily: A Ruler between East and West, 2002.
  • Matthew, Donald. The Norman Kingdom of Sicily, 1992.