Hauteville-la-Guichard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 49°07′35″N 01°18′07″O / 49.12639, -1.30194

Hauteville-la-Guichard
FranceNormandieHautevilleLaGuichardEglise.jpg
L'église Notre-Dame-de-l'Assomption
(A igrexa de Nosa Señora da Asunción).
Localización
Hauteville-la-Guichard en Francia
Hauteville-la-Guichard
Hauteville-la-Guichard
País Francia
Rexión Normandía
Departamento Mancha
Xeografía
Altitude
Superficie 11,98 km²
Demografía
Poboación 456 hab. (2013) [1]
Densidade 38 hab./km2
Xentilicio Hautevillais
Outros datos
Código postal 50570
Alcalde Guy Fossard (2014-2020)

Hauteville-la-Guichard é unha poboación e comuna francesa situada na rexión de Normandía,[2] departamento da Mancha, distrito de Coutances e cantón de Saint-Sauveur-Lendelin.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Hauteville-la-Guichard esténdese por unha superficie de 11,98 km². En 2013 a comuna tiña 454 habitantes,[1] o que representa unha densidade de 38 hab./km².

Despois dunha cesión de terreos en 1825 á comuna de Montcuit, a superficie de Hautteville-la-Guichard reduciuse a 1 198 hectáreas, 37 áreas e 8 centiáreas.

O territorio inclúe numerosas aldeas: Hauteville-la-Guichard (a vila principal), o Mont, o Châteaus, e a Maiseon Blanche, entre outros.[3]

Historia do nome[editar | editar a fonte]

Orderic Vital, no século XII, fala dun señor de Hauteville, Tancredo de Galilea, un dos varios Tancredos de Hauteville, nacido en 1072 ou 1076 e morto en 1112), un dos líderes da Primeira Cruzada, que foi príncipe de Galilea e rexente do Principado de Antioquía, e que era neto de Robert Guiscard. Este señor engadiría ao seu nome patronímico o nome da terra que ocupaba, segundo o uso nesa época, designación que non foi elixida ao chou, senón adoptada polo bo sentido popular e utilizada como un nome común desde que o territorio estivo habitado: Altavilla (en latín). Este nome, que se pode traducir como "vila sobre un outeiro", é adecuado. De feito, se nos situamos nalgúns lugares do municipio, como na aldea de Mont, por exemplo, a vista abarca unha extensión considerábel.[4]

A segunda parte do nome da comuna, Guichard, sería unha deformación de Robert Guiscard,[5] un dos fillos de Tancredo de Hauteville, que naceu nun lugar chamado la Cave contra 1015.[4] De feito, é tradicional considerar Hauteville-la-Guichard como lugar de orixe de Robert Guiscard, pero sen que haxa unha evidencia certa, porque a diocese de Coutances, no Cotentín, tiña tres parroquias co nome de Hauteville.

Porén, segundo a pouillé (rexistro eclesiástico) de 1280,[6] o determinante la-Guichard refírese máis ben a un certo Guichard de Montfort, daquela cura da parroquia,[7] dunha familia de orixe bretoa (Montfort-sur-Meu, Ille-et-Vilaine), pero establecido na rexión (señores do pequeno feudo de Montfort en Heugueville-sur-Sienne, cuxo nome sería levado a Remilly-sur-Lozon polos Les Marquetel).[8] Con todo cómpre mencionar que varios outros personaxes de Cotentín levaron o apelido Guischart, sen que se poida determinar se algúns deles eran parentes de Robert Guiscard, e ningún viviu en Hauteville-la-Guichard.[9]

Personalidades relacionadas coa comuna[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Commune de Hauteville-la-Guichard (50232). Censo de 2013, INSEE.
  2. Desde o 1 de xaneiro de 2016 as antigas dúas rexións administrativas da Alta Normandía e a Baixa Normandía (onde estaba a vila) reunificáronse nunha única rexión, Normandía. Véxase o artigo Rexións de Francia.
  3. Hauteville-la-Guichard en Géoportal.
  4. 4,0 4,1 Louise Flattet (2012): Hauteville-la-Guichard, le pays des Tancrède – Des origines à 1938. Éditions Eurocibles. ISBN 978-2-3545-8013-1.
  5. René Lepelley (1966): Dictionnaire étymologique des noms de communes de Normandie Condé-sur-Noireau, Éd. Charles Corlet. ISBN 978-2-9548-0455-4, p. 143.
  6. pouillé nome masculino (do francés medio pouille, especie de renda, do latín polyptycha, rexistro) No Antigo Réxime, táboa dos beneficios dependentes dun curato, dunha abadía, dunha diocese ou dunha provincia. Traducido do dicionario Larouse en liña.
  7. François de Beaurepaire (1986): Les noms des communes et anciennes paroisses de la Manche. Paris: Picard ISBN 978-2-7084-0299-4, p. 133.
  8. Léonor de Mons (2013): "Les grands lignages seigneuriaux dans le bailliage de Cotentin au Moyen-Age" en "La vie et l'administration d'une grande seigneurie au Moyen-Âge et à l'Epoque moderne", Revue de la Manche, tomo 55, fascículos 221-222, 3º e 4º trimestres de 2013, p. 26.
  9. Yves Nédélec (1974): "Quand le déterminatif la Guichard est-il apparu dans le toponyme Hautteville-la-Guichard?", 3 pp., publicación anónima.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]