Saltar ao contido

Canis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Canis
 Nome taxon
    Canis
Imaxe
Fotomontaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdeCarnivora
FamiliaCanidae
SubfamiliaCaninae
XéneroCanis Editar o valor en Wikidata
Linnaeus, 1758 Canis Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de comezo
hai 6 millóns de anos Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0243pg Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2779557943 Editar o valor en Wikidata
ITIS180595 Editar o valor en Wikidata
OTT372706 Editar o valor en Wikidata
CoL3GTH Editar o valor en Wikidata
EOL14460 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Canis é un xénero da familia Canidae, orde dos carnívoros; o número exacto de especies é obxecto de disputas, se se consideran ao can e ao dingo coma subespecies de Canis lupus ou coma especies en dereito propio e se se consideran ou non Canis rufus e Canis lycaon, ambas con dúbidas sobre a súa validez. Polo tanto inclúe 6 especies seguras e outras 4 posíbeis.

O xénero orixinouse probabelmente en América do Norte a finais do Plioceno ou comezos do Plistoceno, hai arredor dun millón de anos. Hoxe atópase en estado salvaxe en toda América, en Europa, en África, Asia e Australia; a distribución do can é case coextensiva coa do ser humano, cubrindo case todo o globo.

As especies de Canis amósanos unha gran variedade de tamaños, dende os 75 kg que pode acadar C. lupus —máis aínda en razas especialmente seleccionadas, coma o gran danés ou o mastín napolitano— até os 12 de C. mesomelas —considerabelmente menos en variedades domésticas de can, que ás veces non superan o quilogramo. Aínda así, non son infrecuentes os cruces cando a fisonomía o permite, o que complicou considerabelmente o establecemento das relacións xenéticas das distintas especies.