Saltar ao contido

Estrutura social

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En socioloxía, a estrutura social refírese á forma que adopta o sistema das relacións entre individuos dunha sociedade ou grupo.[1] O concepto foi introducido na ciencia polo alemán Georg Simmel, a finais do século XIX e por Ferdinand Tönnies[2] con 'comunidade íntima' e 'asociación impersoal', para explicar as relacións sistemáticas que vinculan a membros dunha determinada comunidade aínda que non se atopen en ningún momento en contacto directo, resultou un dos conceptos máis problemáticos da disciplina e o comportamento humano. A falta dun consenso acerca de en que medida as estruturas teñen unha existencia real, máis aló das accións dos individuos —o chamado problema da relación axencia-estrutura- e a posición dalgunhas correntes, especialmente de orixe empirista, que negan a posibilidade de concibir adecuadamente a estrutura social no seu conxunto, foron causa de numerosos debates.

Dende a década de 1920, o termo foi de uso xeral na ciencia social,[3] especialmente como unha variable cuxos compoñenetes precisan diferenciarse en relación a outras variables sociolóxicas.

Definición e concepto

[editar | editar a fonte]

A estrutura social é un concepto omnipresente pero algunha vez é empregado con diferentes significados, pois é definido como equivalente a sistema social ou organización social guiada por normas e valores. As diferentes perspectivas en socioloxía: da dialéctica, do funcionalismo e do Interaccionismo simbólico, achegan descricións con distintos puntos de vista de estrutura e o mesmo sucede coas ciencias sociais máis próximas á socioloxía: a ecoloxía humana, a psicoloxía social e a antropoloxía cultural, o cal en si mesmo é útil, porque tamén nisto a diversidade enriquece.

Nos planos da macrosocioloxía como superestructura e da microsocioloxía como hábitat ou espazo persoal, poden definirse os conceptos co seguinte paso, (tomado da ecoloxía en relación co ecosistema); completando as parellas co medio ambiente e a tecnoloxía.

  1. Olanike, Deji (2011). Gender and Rural Development By. p. 71. ISBN 9783643901033. 
  2. The American Journal of Sociology, vol. 10, 1905, no. 5, p. 569-688
  3. Merton, Robert. 1938. Social Structure and Anomie. American Sociological Review, Vol. 3, No.5, pp.672-682

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Abercrombie, N., S. Hill e B. S. Turner (2000), 'Social structure' in The Penguin Dictionary of Sociology, 4th edition, Londres: Penguin, pp. 326–327.
  • Archer, M.S. 1995. Realist Social Theory: The Morphogenetic Approach. Cambridge: Cambridge University Press.
  • Blau, P. M. (editor) (1975). Approaches to the Study of Social Structure, Nova York: The Free Press A Division of Macmillan Publishing Co., Inc.
  • Burns, T. R. e H. Flam (1987) The Shaping of Social Organization: Social Rule System Theory with Applications Londres: Sage.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]