Caniche

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O caniche é unha raza de cans que ata o primeiro cuarto do Século XX, eran considerados de uso exclusivo para o luxo dos aristócratas e nobres. Coñecidos por súa pelaxe lanosa e rizada, existen as variedades xigante, mediano, anano e miniatura ou toy. Ata o Renacemento, era un can cobrador de augas, é dicir, eran cans que recuperaban as presas xa cazadas que caeran á auga, como parrulos e cisnes.

Noutros idiomas[editar | editar a fonte]

En cada lingua, o caniche recibe un nome distinto:

Historia da raza[editar | editar a fonte]

Procedentes de Francia, os caniches son descendentes do Barbet, orixinarios dos encoros alemans; e na Idade Media, foi destinado para a caza de aves natatorias como o parrulo ou o ganso, de modo que seleccionouse por características tales como a súa adaptabilidade ao terreo lamacento e a súa resistencia á auga, o que fai que esta raza, xunto con outras sexan chamados cans acuáticos.

A partir do Século XVI, os caniches empezaron a ser famosos pola súa beleza e intelixencia, sobre todo en diversas presentacións circenses, obras de arte de diversos autores como Durero e Francisco de Goya. En tempos de Luís XVI de Francia xa era moi común a súa presenza na corte francesa.

Cachorros de Caniche Toy

Por cambios no gusto no que fai á súa aparencia, durante o Século XIX, desprezouse a protección da pelaxe, que ata entón, tiña a función de resgardalo da hipotermia, polo que os estilistas empezaron a crear diversos cortes como o Británico montano e o Continental. Para os caniches recén nados, iniciouse o costume de amputar a cola, que na actualidade é unha práctica prohibida.

Na Guerra franco-prusiana empezou a difusión da raza como tal, destinada ós millonarios e aristócratas. Só no Século XX, predominaba a variedade Xigante, polo que posteriormente xurdiron coa aprobación das asociacións caninas como o Kennel Club as variedades Standart (de escasa difusión desde 1792), Miniatura (1911) e Toy (1957). Nos anos finais do século XX xurdiu a raza híbrida dos Labrapoodles (combinación de Caniche con Labrador).

Variedades[editar | editar a fonte]

Xigante[editar | editar a fonte]

Cachorro de Caniche Standart

Crese que é a variedade orixinal da que xurdiron as demais a través de cruzamentos para reducir a tálla. A altura á cruz varía desde 45 a 60 cm., admítese 2 cm de máis, sempre que o exemplar garde as proporcións. Nas exposicións celebradas baixo as normas da FCI os exemplares de cor negra, branca e marrón, xúlganse nun mesmo grupo para a obtención do CACIB. O mesmo ocorre coas exemplares de cor gris, albaricoque e vermella; o mellor de cada un destes grupos pasa a un xuízo final para determinar o mellor exemplar da variedade.

Mediano[editar | editar a fonte]

A altura nesta variedade está comprendida entre os 35 e os 45 cm e ao igual que ocorre na variedade xigante, as cores xúlganse por grupos.

Anano[editar | editar a fonte]

Esta variedade presenta unha altura á cruz de 28 a 35 cm, ten que parecer un caniche de tamaño mediano, pero máis pequeno e non presentar ningún signo de enanismo. Como nas variedades máis grandes son xulgados agrupados por cores.

Miniatura ou Toy[editar | editar a fonte]

Caniches Toy, 18 semanas

A altura da cruz para o caso dos Miniatura varía de 24 a 28, e acéptase 1 cm de menos sempre que se manteñan as proporciones e que non presenten ningún sintoma de enanismo. Ao contrario que ocorre nas demais variedades xúlganse todas as cores xuntos.

Lonxevidade[editar | editar a fonte]

Dependendo da súa saúde, os caniches adoitan vivir entre os 13 a 18 anos. (Variedades Toy e Miniatura, de 13 a 15 e Variedades Xigante e Standart, de 16 a 18.)

Mantemento[editar | editar a fonte]

Para o seu coidado, pélanse de acordo ao seu estilo, o que require un peluquero canino. Acéptase o pelo en forma de melena para cabeza, orellas e pescozo, incluídas as patas. Non soltan demasiado pelo e por saúde débense limpar os ollos e as orellas. Débense lavar con certa frecuencia. O coidado do pelaje é incondicional nesta raza, polo que é necesario lavar con champu de can exclusivo e en ningun caso con champu humano, xa que daña a pel do caniche porque lle fai perder o aceite natural que posúe no seu pelo, e á longa, isto trae complicacións.

  • Comportamento e adiestramiento: Son moi alegres e intelixentes polo que son moi rápidos á hora de aprender. EStan moi vinculados ao dono e a súa familia e non teñen problemas cos nenos, nin con outros cans e animais. Anuncian as visitas ladrando.

Caniches famosos[editar | editar a fonte]

Por ser de aspecto rechamante, a raza de cans caniche é unha das preferidas polos medios, desde series de TV ata peliculas adoitan incluír a esta raza no seu elenco.

Algúns exemplos:

  • Fu-Fu, mascota de Peggy en "O Show dos Muppets"
  • Georgette, na pelicula "Oliver e Compañía"
  • Rita, en "Grande Pa!"
  • Cleo, en "Clifford, o gran can vermello"
  • Chiripa, en "Emoción de anxo"
  • Lucky, en "Shinchan"
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Caniche