Can (homónimos)
Aparencia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
O termo can pódese referir a:
Fauna
[editar | editar a fonte]- Can, mamífero carnívoro doméstico da familia dos cánidos (Canis lupus familiaris), do que existen múltiples razas de características diversas e que, pola súa intelixencia e lealdade, é utilizado polo ser humano en múltiples funcións. O feminino é cadela.
- Can de palleiro, raza de can de Galicia, ou tamén cruzamento de moitas razas, can palleirán. /
- Can doente, o que ten a rabia.
- Can sen dono, can vagabundo.
- Can, figurativamente, persoa sen amigos.
- Can vello, figurativamente, home astuto e con experiencia, capaz de enganar e enredar ás mulleres.
Ferramentas
[editar | editar a fonte]- Can, aparello con forma de angazo que se vai arrastrando polo fondo do mar para apañar determinados mariscos como ameixas, berberechos ou longueiróns, que vai recollendo nunha rede que leva detrás.
Numismática
[editar | editar a fonte]- Can, antiga moeda de dez céntimos. Can grande, pataco patacón. Tamén antiga moeda de cinco céntimos. Cadela, can pequeno, carocha.
Título nobiliario
[editar | editar a fonte]- Can, título dos soberanos tártaros ou mongois, khan.
Música
[editar | editar a fonte]- Can (banda), unha banda de rock experimental de Alemaña Occidental, de 1968.
- Can (álbum), un álbum de 1979.
Hidronimia
[editar | editar a fonte]- Río Can, un río de Essex, no Reino Unido.
Astronomía
[editar | editar a fonte]- As dúas constelacións representadas tradicionalmente con forma de can, Canis Major e Canis Minor.