Cártamo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  • Este artigo trata sobre unha especie, para o xénero botánico véxase Carthamus.
Cártamo
Carthamus tinctorius, capítulo en flor.
Carthamus tinctorius, capítulo en flor.
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Asteridae
Orde: Asterales
Familia: Asteraceae
Subfamilia: Carduoideae
Tribo: Cynareae
Subtribo: Centaureinae
Xénero: Carthamus
Especie: Carthamus tinctorius
Distribución

Distribución

O cártamo[1], Carthamus tinctorius, é unha planta herbácea de talo abrancazado, follas coriáceas, lanceoladas e espiñentas, flores avermelladas en capítulos e sementes ovadas de cor branca, da que se utilizan as flores desecadas como colorante alimentario e as sementes para a obtención de aceite[2]. En Galicia aparece cultivada, sendo o cártamo silvestre (Carthamus lanatus) a única especie brava de igual xénero (Carthamus)[3].

Carthamus tinctorius en Johann Georg Sturm, Deutschlands Flora, fig. 21, 1796.
Capítulos, un en flor e outro en pre-antese.
Cártamo (Carthamus tinctorius).

Descrición[editar | editar a fonte]

As plantas acadan os 30 a 150 cm de altura con capítulos florais globulares e comunmente, de cores brillantes amarela, laranxa ou vermella, floreando en pleno verán. Cada póla trae de un a cinco capítulos con cadansúas 15 a 20 sementes. Son moi resistentes á seca e bastante susceptíbeis ás xeadas.

Usos[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente, o cultivo destinábase á industria do colorante (amarelo e vermello), de especias, especialmente antes do abaratamento e dispoñibilidade da anilina, y en medicinas.[4] Desde 1950, a planta cultívase para aceite vexetal extraído das súas sementes. Os países con maior produción de aceite de cártamo no mundo son México, India e Estados Unidos. A seguir Etiopía, Casaquistán, China, Arxentina e Australia.

En nutrición é semellante ao aceite de xirasol. Moi usado como aceite de cociñar, en ensaladas, e para producir margarinas. Consómese tamén coma suplemento nutricional. Na Nomenclatura INCI es Carthamus tinctorius.

As flores de cártamo úsanse ocasionalmente na gastronomía coma un substituto barato do sasafrán (Crocus sativus), referíndose logo coma "sasafrán bastardo". Tamén as súas sementens úsanse comunmente como alternativa ás sementess de xirasol (Helianthus annuus) na alimentación de aves e mamíferos xa que os esquíos non gustan del. O cártamo denomínase kardi en lingua hindi (India).

Hai dous tipos de cártamo que producen diferentes tipos de aceite: un alto en ácido graxo monoinsaturado (ácido oleico) e outro alto en ácido graxo poliinsaturado (ácido linoleico). O mercado do aceite acepta os baixos en saturados e máis altos en monoinsaturados que o aceite de oliva, por exemplo.

O aceite de cártamo úsase en pinturas no canto do aceite de liñaza, particularmente co branco, xa que non dá a tintura amarela que posúe a liñaza.

Propiedades[editar | editar a fonte]

Estudos recentes demostraron que o cártamo mellora a glucemia, a inflamación e os lípidos sanguíneos en pacientes obesos.[5]

O aceite de cártamo posúe propiedades laxantes e hipolipemiantes; as poliínas exercen unha acción nematicida e coma antifúnxico; o arctiósido é aperitivo e eupéptico. Os aquenios presentan unha acción purgante. Na India utilízase, a xeito de fretas, coma analxésico.

Indicado para hiperlipidemias, hipercolesterolemias, ateroesclerose, prevención de tromboembolismos. Estrinximento. Parasitose intestinal. En uso tópico: dermatomicose.[6]

Na Medicina tradicional chinesa: fígado e corazón. Para a dor por mor da estase do sangue, coma a menstrual, abdominal, de costado ou de peito. Non usar durante a gravidez.[7]

Valor nutricional[editar | editar a fonte]

Cártamo (sementes enxugadas )

  • kJ= 2165
  • proteínas= 16.18 g
  • graxas= 38.45 g
  • glícidos= 34.29 g
  • fibra =
  • azucres =
  • auga = 5.62 g
  • calcio_mg= 78
  • ferro_mg= 4.90
  • magnesio_mg= 353
  • fósforo_mg= 644
  • potasio_mg= 687
  • sodio_mg= 3
  • cinc_mg= 5.05
  • manganeso_mg=
  • vitA_ug= 3
  • betacaroteno_ug =
  • vitC_mg= 0
  • vitB1_mg= 1.163
  • vitB2_mg= 0.415
  • vitB3_mg= 2.284
  • vitB5_mg=
  • vitB6_mg= 1.170
  • vitB9_mg= 160
  • vitE_mg=
  • vitK_ug=
  • fonte_usda= 12021-

Historia[editar | editar a fonte]

O cártamo é unha das culturas máis vellas da humanidade. As análises químicas de tecidos do Exipto Antigo datados na dinastía XII identificaron as tinturas de cártamo, e acháronse grilandas confeccionadas coa planta na tumba do faraón Tutankhamon.[8] Era un cultivo menor en 2007, con 630.000 t producidas comercialmente en máis de sesenta países.

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

A especie é o principal alimento das larvas da avelaíña Eublemma rivula.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Carthamus tinctorius foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 830. 1753.[9]

Etimoloxía

O nome cártamo, e o derivado latinizado de Linné Carthamus, provén, a través do árabe «Kârtum», dunha raíz semítica significando «tintura», en alusión ás cualidades da planta.

tinctorius: epíteto latíno que significa "tintorio".

Sinonimia
  • Calcitrapa tinctoria
  • Carduus tinctorius Ehrh.
  • Carduus tinctorius (L.) Falk
  • Carthamus glaber Burm.f.
  • Carthamus tinctorius var. albus Alef.
  • Carthamus tinctorius var. croceus Alef.
  • Carthamus tinctorius var. flavus Alef.
  • Carthamus tinctorius var. spinosus Kitam.
  • Centaurea carthamus E.H.L.Krause[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Denominación galega en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde, A Coruña, Deputación da Coruña, 2000; "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta, 1991. Denominación xa dada pola Real Academia Galega (1913-1928): Diccionario gallego-castellano
  2. Definición en Dicionario de alimentación e restauración, VV. AA. (2012), Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  3. Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo
  4. Daniel Zohary and Maria Hopf, Domestication of plants in the Old World, third edition (Oxford: University Press, 2000), p.211
  5. http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/14521947
  6. Norris, LE; Collene, AL; Asp, ML; Hsu, JC; Liu, LF; Richardson, JR; Li, D; et al. (September 2009). "Comparison of dietary conjugated linoleic acid with safflower oil on body composition in obese postmenopausal women with type 2 diabetes mellitus.". The American journal of clinical nutrition 90 (3): 468–76. PMC 2728639. PMID 19535429. doi:10.3945/ajcn.2008.27371. 
  7. Plantas útiles: Linneo
  8. Zohary and Hopf, ibid.
  9. "Cártamo". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 1º de agosto de 2012. 
  10. Cártamo en PlantList

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  1. Flora of China Editorial Committee. 2011. Fl. China 20–21: 1–992. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing e San Luís.
  2. Flora of North America Editorial Committee, e. 2006. Magnoliophyta: Asteridae, part 6: Asteraceae, part 1. 19: i–xxiv. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, Nova York.
  3. Great Plains Flora Association. 1986. Fl. Great Plains i–vii, 1–1392. University Press of Kansas, Lawrence.
  4. Hickman, J. C. 1993. Jepson Man.: Higher Pl. Calif. i–xvii, 1–1400. University of California Press, Berkeley.
  5. Li, H., T. Liu, T. Huang, T. Koyama & C. E. DeVol. 1979. Vascular Plants. Volume 6: 665 pp. In Fl. Taiwan. Epoch Publishing Co., Ltd., Taipei.
  6. Marticorena, C. & M. Quezada. 1985. Catálogo de la Flora Vascular de Chile. Gayana, Bot. 42: 1–157.
  7. Moss, E. H. 1983. Fl. Alberta (ed. 2) i–xii, 1–687. University of Toronto Press, Toronto.
  8. Munz, P. A. 1974. Fl. S. Calif. 1–1086. University of California Press, Berkeley.
  9. Munz, P. A. & D. D. Keck. 1959. Cal. Fl. 1–1681. University of California Press, Berkeley.
  10. Pérez, A., M. Sousa Sánchez, A. M. Hanan-Alipi, F. Chiang Cabrera & P. Tenorio L. 2005. Vegetación terrestre. 65–110. In Biodivers. Tabasco. CONABIO-UNAM, México.
  11. Pruski, J. F. & G. Sancho. 2004. Asteraceae or Compositae (Aster or Sunflower Family). 33–39. In N. Smith & et al. (eds.) Fl. Pl. Neotrop.. Princeton University Press, Princeton.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]