Carthamus
Cártamos (xénero Carthamus) | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cártamo silvestre (Carthamus lanatus) | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||
Carthamus é un xénero botánico na familia Asteraceae cuxas especies coñécense co nome común de cártamo. Son plantas orixinarias de Asia e o mediterráneo. Contén unhas 50 especies aceptadas.[1][2] En Galicia atopamos dúas: unha brava: o cártamo silvestre e unha cultivada: o cártamo común.
Descrición
[editar | editar a fonte]Son herbas anuais ou perennes, ás veces matos ou arbustos, espiñentas con follas xeralmente pinnatífidas, coriáceas, espiñentas, mais ás veces enteiras e/ou inermes. Os capítulos, terminais solitarios ou agrupados, con numerosas follas involucrais semellantes ás follas caulinares superiores, ten un invólucro con varias fileiras de brácteas adpresas; as externas e medias xeralmente espiñentas; as internas finas e inermes, ocasionalmente cun apéndice apical. Todas as flores, insertadas nun receptáculo desde convexo até cónico, setáceo, son flosculosas e hermafroditas, con limbo dividido case até a base, xeralmente amarelo con dous nervios purpúreos en cada lóbulo. Os estames teñen filamentos ceibos, vilosos na parte superior, e anteras subobtusas e de base saxitada. Os froitos son cipselas obcónicas máis ou menos tetrágonas, glabras e con fío cárpico lateral. O papo, cando existe, está formado por varias fileiras de setas ou escamas escábridas, caedizas ou persistente, a miúdo ausente nas cipselas periféricas dunha mesma especie.[3][4][5]
Distribución
[editar | editar a fonte]Medra no centro e suroeste de Asia, Europa e o Mediterráneo; introducido e localmente cultivado noutras rexións.[4][6]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Foi nomeado por Carl von Linné en 1753 (Species Plantarum, vol.2, p. 830) [1] e a súa descrición ampliada en Genera Plantarum de 1754 [2]. Traduciu o nome Carthamus, latinizando o árabe «Kârtum», raíz semítica que significa «tintura», en alusión ás súas cualidades.
Especies
[editar | editar a fonte]As máis habituais na rexión mediterránea son:
- Carthamus arborescens L. - Sur de España e noroeste de África- (flores amarelas).
- Carthamus boissieri Halácsy - planta das illas de Grecia.
- Carthamus dentatus (Forssk.) Vahl - planta dos Balcáns e de Turquía - (flores violetas).
- Carthamus lanatus L. (cártamo silvestre) - en toda a meseta mediterránea - (flores amarelas).
- Carthamus tenuis (Boiss. & Blanche) Bornm. - Leste do Mediterráneo - (flores violetas).
- Carthamus tinctorius L. (cártamo) - orixinaria de Asia; hoxe día cultivada comercialmente na India, os Estados Unidos, México, Etiopía, Casaquistán, Australia, a Arxentina, Uzbekistán, a China e Rusia; tamén a pequena escala en: Paquistán, España, Turquía, o Canadá, Irán e Israel - (flores amarelas/alaranxadas).
Sinonimia
[editar | editar a fonte]- Carduncellus Adans.
- Carthamoides Vaill.
- Durandoa Pomel
- Femeniasia Susanna
- Kentrophyllum DC.
- Lamottea Pomel
- Phonus Hill[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Listaxe completa de especies en Compositae". Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2014. Consultado o 09 de novembro de 2014.
- ↑ "Carthamus en The Plant List, vers. 1.1, 2013". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2020. Consultado o 09 de novembro de 2014.
- ↑ Carthamus en Flora Vacular
- ↑ 4,0 4,1 Carthamus en Flora of China
- ↑ Carthamus en Flora of North America
- ↑ Carthamus en The Euro+Medit PlantBase
- ↑ Sinónimos en Euro+Med PlantBase
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carthamus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Carthamus |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Catalogue of Life
- Carthamus en GRIN [3]