Bud Spencer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bud Spencer
Bud Spencer cropped 2009.jpg
Nome completo Carlo Pedersoli
Alcume Bud Spencer
Nacemento 31 de outubro de 1929
  Nápoles
Falecemento 27 de xuño de 2016
  Roma
Nacionalidade Italia
Etnia Italianos
Ocupación actor, cantante, Produción musical, Piloto, guionista, produtor de cine, compositor, nadador, escritor, xogador de wáter-polo e actor de cinema
Premios David di Donatello Award for Lifetime Achievement
editar datos en Wikidata ]

Carlo Pedersoli, nado en Nápoles o 31 de outubro de 1929 e finado o 27 de xuño de 2016,[1] máis coñecido como Bud Spencer foi un actor italiano. Os seus fillos son Giuseppe (1961), Christine (1962) e Diamante (1972).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na súa mocidade foi campión italiano de natación, competindo con Italia nas olimpíadas de 1952, 1956, 1960. Iniciouse como actor en Quo Vadis, facendo de garda do imperio romano. Obtivo un grande éxito como parella de Terence Hill nos Spaghetti Westerns.

Está licenciado en Dereito e fala seis linguas.

Colleitaron o seu primeiro grande éxito con Lo chiamavano Trinità filme do ano 1970 que exemplificaba o camiño artístico polo que logo decorrería a súa carreira. Cine de humor con curiosos finais a base de golpes, e cunha dualidade nas personaxes baseada na forza expeditiva e acción directa de Bud fronte ao audaz e manipulador Terence.

Cambiou o seu nome polo de Bud Spencer en 1967 porque lle gustaba Spencer Tracy e a cervexa de marca "Bud". Aínda que existen outras teorías posibles para o cambio de nome.

Bud Spencer tamén é autor das cancións dalgunha das películas onde participa como actor.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Como Carlo Pedersoli[editar | editar a fonte]

Como Bud Spencer[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cinema, è morto Bud Spencer, il grande buono del cinema italiano". La Republicca (en italiano). 27 de xuño de 2016. Consultado o 27 de xuño de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]