Terence Hill

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Terence Hill
Terence Hill 2010.JPG
Hill no 2010
Nacemento Mario Girotti
29 de marzo de 1939 (75 anos)
Venecia, Italia Italia
Profesión Actor
Cónxuxe(s) Lori Hill (1967-presente)
Fillo(s) 2
Ficha na IMDb

Terence Hill, nome artístico de Mario Girotti (Venecia, 29 de marzo de 1939) é un célebre actor e director italiano, particularmente recoñecido polas súas películas a carón de Bud Spencer (Carlo Pedersoli).

Biografía[editar | editar a fonte]

Os comezos[editar | editar a fonte]

Mario Girotti nace de nai alemá e pai italiano en Venecia o 29 de marzo do 1939, e a súa infancia transcorre en Saxonia, en Dresde. Xa de novo demostraba unha certa predisposición para a actuación, un carácter extravertido, intelixencia e curiosidade.

A súa aparición na grande pantalla deuse case de casualidade cando, aínda sendo moi novo, despertou o interese do director Dino Risi durante unha competición de natación. Mario foi seleccionado para un pequeno papel do filme Vacanze con il gangster (1951). Mario seguiría os seus estudos, emprendendo unha modesta carreira de actor para pagar os mesmos.

Os primeiros éxitos e o encontro con Bud Spencer[editar | editar a fonte]

Despois de tres anos de estudos de Literatura Clásica na Universidade de Roma, decide dedicarse completamente ao cine, obtendo un bo resultado. O director Luchino Visconti escólleo para a adaptación ao cine do libro O Gatopardo. O filme dalle unha certa notoriedade e lanza a súa carreira de actor.

No 1967 casa con Lori Zwicklbauer, unha rapaza americana de orixe alemá, a que coñeceu o mesmo ano da rodaxe de Dio perdona... io no!. Pero nesa rodaxe o encontro máis importante desde o punto de vista artístico foi con Carlo Pedersoli, alias Bud Spencer, o futuro inseparable compañeiro de reparto. Decide con este último cambiar de nome, considerando "Mario Girotti" demasiado "italiano". Escolle o nome "Terence" en homenaxe ó autor latino Terenzio, americánizandoo, e acompañándoo do apelido "Hill".

Foi unha curiosidade á participación de Terence Hill neste filme: foi elixido para substituír a Peter Martell (Pietro Martellanza), vítima dun accidente a cabalo.

Aínda que en Lo chiamavano Trinità Terence Hill non fora inicialmente seleccionado para o papel protagonista, pois Enzo Barboni (máis coñecido como E.B. Clucher) elixira a Franco Nero para interpretar o papel de Trinità, pero o actor preferiu unha produción americana, a película Camelot (1967). Elexiuse a Terence polo seu parecido con Franco Nero.

A notoriedade internacional[editar | editar a fonte]

Algúns títulos do xénero Spaghetti Western xunto ó seu amigo Bud Spencer levárono ao éxito, como o filme de culto Lo chiamavano Trinità (1970) e a súa secuela ...continuavano a chiamarlo Trinità (1971), que os lanzaron ao estrelato internacional.

A eses títulos seguiron outros igualmente exitosos como ...altrimenti ci arrabbiamo! e Io sto con gli ippopotami.

Naquel tempo, Hill participa nalgunha produción hollywoodiana, como La Bandera: marcia o muori (1977), de Dick Richards, con Gene Hackman, e Mister Miliardo (1977) de Jonathan Kaplan, con Valerie Perrine.

Ó mesmo tempo, e co seu amigo Bud Spencer, colaboraron na coreografía e música dalgunha das súas películas. Máis tarde, Hill decidiría dedicarse tamén ao oficio de dirixir as súas propias películas.

A crise e o rexurdir[editar | editar a fonte]

Hill atravesou un longo período de depresión causada pola perda no 1990 (a causa dun accidente de tráfico en Stockbridge, Massachussett) do seu fillo adoptivo Ross, co que aparecera no 1983 no filme Don Camillo e no 1987 no filme Renegade - Un osso troppo duro. Sucesivamente o actor foi relanzando a súa carreira participando na serie televisiva italiana Don Matteo.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Actor[editar | editar a fonte]

Como Mario Girotti[editar | editar a fonte]

Como Terence Hill[editar | editar a fonte]

Dirixindo[editar | editar a fonte]

Na escenografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]