Anche gli angeli mangiano fagioli
Aparencia
| Anche gli angeli mangiano fagioli | |||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||||
Anche gli angeli mangiano fagioli é unha coproducción hispano-francesa-italiana de 1973, dirixida por Enzo Barboni, con Bud Spencer e Giuliano Gemma.
Trama
[editar | editar a fonte]A película está ambientada na Nova York dos anos 20. Charlie Smith, (Bud Spencer), é un loitador, mentres que Sonny (Giuliano Gemma) é un vendedor de xeados. Os dous se ven enfrontados á banda de Angelo, alcumado "Sorriso", mafioso que controla e oprime ós comerciantes de Little Italy, e que quere eliminar ós compoñentes da banda rival.
O título deriva dunha frase pronunciada por unha rapaza do Exército de Salvación, cando algún protestaba por que o rancho ofrecido só levaba xudías.