Logo de se reencontraren na casa familiar, "Trinità" e o seu irmán "Bambino" deciden comezar a súa serie de fechorías, na que un ensinaría ó outro os trucos nos que é especialista, co atraco a unha carreta. Pero a pobreza dos seus propietarios lévaos a seguir adiante, chegando a unha vila onde os toman por axentes federais. Logo de seren corrompidos por un foraxido local, dan cunha misión relixiosa, onde ten lugar unha gran pelexa.