Saltar ao contido

Chamábanlle Trindade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Chamábanlle Trindade
Imaxe
 Instancia de
 Título
Lo chiamavano Trinità… (it) Editar o valor en Wikidata
 Xénero artístico
 Forma artística
 Lingua orixinal
Obras e produtos
 Cor
 Formato de imaxe
Implicados
 Produtor/a
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
Organizacións
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
25 de novembro de 1972 (Xapón)
xaneiro de 1972 (Turquía)
22 de decembro de 1971 (Taiwán)
30 de xuño de 1971 (Suecia)
9 de marzo de 1972 (Sevilla)
3 de marzo de 1972 (Portugal)
26 de agosto de 1971 (Países Baixos)
9 de setembro de 1971 (Noruega)
22 de decembro de 1970 (Italia)
27 de abril de 1973 (Irlanda)
11 de agosto de 1988 (Hungría)
2 de decembro de 1972 (Hong-Kong británico)
21 de xullo de 1971 (Francia)
16 de xullo de 1971 (Finlandia)
4 de novembro de 1971 (Estados Unidos de América)
23 de xaneiro de 1979 (Dávao)
19 de novembro de 1971 (Dinamarca)
1 de abril de 1976 (Corea do Sur)
23 de decembro de 1971 (Bélxica)
10 de febreiro de 1972 (Australia)
13 de abril de 1972 (Arxentina)
2 de marzo de 1971 (Alemaña) Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Sucedido por
Dimensións
Duración110 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Identificadores
ISAN0000-0001-6178-0000-K-0000-0000-E Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/018tx1 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
IMDB: tt0067355 Filmaffinity: 795850 Allocine: 58912 Rottentomatoes: m/they_call_me_trinity Allmovie: am20096 TCM: 92806 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Chamábanlle Trindade (en italiano: Lo chiamavano Trinità) é un filme cómico do xénero spaghetti western. Foi dirixido no ano 1970 por E.B. Clucher, e ó ano seguinte rodouse a secuela Seguíanlle chamando Trindade.

Lo chiamavano trinità está considerado un filme de culto tanto polos amantes do cine cómico como polos do cine do oeste, aínda que se trata principalmente dunha sobria e divertida parodia do spaghetti western. Está definida por algúns como o inicio do Fagioli Western, serie de filmes de pistoleiros que acadou fama grazas a Bud Spencer e Terence Hill.

Trindade (Terence Hill), tamén coñecido como "a man dereita do diaño", aparentemente un sucio e sórdido vagabundo, é en realidade un pistoleiro rápido e mañoso, ávido de conseguir pelexa á menor ocasión. Trindade atopa ó seu irmán Bambino (Bud Spencer), alcumado "a man esquerda do diaño", nunha aldea perdida do oeste. Alí "Bambino" é o shérif, procurando manter a orde, dado que é un maleante escapado da lei que malferiu ó que debería ser o sheriff. Alí agarda polos seus compañeiros, Faina e "Tímido", para regresar a California a dar un novo golpe.

O "Maior", influente home de negocios da aldea, quere marcar un gran rabaño de cabalos, pero o val que desexa para alimentalos está ocupado por uns mormóns que se adican á agricultura e gandería. Quere botalos do val, valéndose para iso da axuda duns mexicanos dispostos a axudalo. Porén, Trindade decide que quere quedar coa comunidade mormón, atraído pola posibilidade de dedicarse á boa vida e practicar a poligamia, polo que pide axuda ó seu irmán para desfacerse do Maior.

Versións

[editar | editar a fonte]

A duración integral da película, tal como se retransmite na televisión, é de 111 minutos, mais na versión para DVD, editada en 2003, dura só 106 minutos debido ó corte dalgunhas escenas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]