B.League

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
B.League
Fundación1 de abril de 2015
País Xapón
ConfederaciónFIBA Asia
PresidenteShinji Shimada
Equipos38
DivisiónsB1 League (24 equipos)
B2 League (14 equipos)
CopaCopa de Francia
Actual campiónUtsunomiya Brex (2º título)
Máis laureadoAlvark Tokyo
Utsunomiya Brex (2 títulos)
TelevisiónAmazon Prime Video
OrganizadorLigue Nationale de Basket
Sitio webbleague.jp

A B.League (en xaponés: Bリーグ) é unha competición de baloncesto profesional masculino que abrengue as dúas máximas categorías do país, a B1 League e a B2 League. A liga, operada pola Japan Professional Basketball League (ジャパン・プロフェッショナル・バスケットボールリーグ), foi fundada o 1 de abril de 2015 como resultado da fusión entre a National Basketball League (NBL), operada pola Federación Xaponesa de Baloncesto, afiliada á FIBA, e a bj league operada de forma independente. A fusión foi obrigada pola FIBA como condición para que o Xapón retomara a súa adhesión ao organismo tras a súa suspensión en novembro de 2014.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

A Federación Xaponesa de Baloncesto (en xaponés: 日本バスケットボール協会 Nihon basukettobōru kyōkai), fundada en 1930, dirixiu as principais ligas de baloncesto do Xapón baixo varios nomes desde 1967. Ao longo da historia da federación, e ao igual noutros deportes do país, os equipos estiveron afiliados a grandes corporacións, sendo os xogadores empregados da súa respectiva empresa en lugar de competir como profesionais. A principios da década de 1990, o fútbol no Xapón afastouse desta estrutura corporativa e lanzou a J.League en 1993. A federación comezou a investigar ese camiño para o baloncesto ese mesmo ano e, en 1997, levantou a prohibición de xogadores profesionais. A pesar diso, a estrutura da Super League xaponesa mantívose a súa natureza afeccionada, seguindo a maioría dos equipos baixo o control dun patrocinador/propietario corporativo.

En 2005 foi fundado unha liga independente para competir coa Super League da federación, a bj league. Esta competición estaba baseada no sistema de franquías de equipos profesionais estadounidense. En resposta, a Federación renomeu e refundou a súa Super League como a Japan Basketball League en 2007. Porén, aínda había unha mestura de equipos profesionais e corporativos na competición. En 2013 a liga volveu a mudar de nome e adoptou a denominación de National Basketball League. Desde o establecemento da bj league en 2005, ambas competicións ampliaron rapidamente o número de equipos, con 45 equipos participando entre as dúas competicións en 2015.[2]

A FIBA, órgano reitor internacional do baloncesto, preocupouse pola división e desorganización do deporte no país. Despois de que a Federación Xaponesa incumprise os prazos para comezar a reorganizar as ligas nacionais, a FIBA ​​suspendeu ao Xapón das competicións internacionais en novembro de 2014. Formouse un grupo de traballo para investigar a reforma das ligas nacionais e Saburō Kawabuchi foi nomeado copresidente. En maio de 2015, por recomendación da FIBA, Kawabuchi foi nomeado presidente da Federación Xaponesa. A fusión das dúas ligas competidoras na B.League anunciouse en xuño de 2015 e a suspensión internacional foi levantada pola FIBA ​​en agosto. A empresa de telecomunicacións Softbank foi nomeada como o principal patrocinador da liga para a tempada inaugural en marzo de 2016. A primeira temporada comezou cun partido inaugural entre o catro veces campión da JBL/NBL Alvark Tokyo e o catro veces campión da bj league Ryukyu Golden Kings. Desde a tempada 2021−22, os campións e subcampións de cada temporada clasifícanse para a Superliga de Asia Oriental.

Formato[editar | editar a fonte]

A liga consta de dúas divisións, chamadas B1 e B2. Para a temporada 2022–23 a primeira división (B1) conta con 24 equipos e a segunda división (B2) conta con 14 equipos, cun sistema de ascenso e descenso entre estas dúas divisións. Cada unha das dúas primeiras divisións divídese ademais en dúas conferencias, Leste e Oeste.

Primeira División[editar | editar a fonte]

Na B1 League, a primeira división, cada equipo xoga 60 partidos de temporada regular, dos cales 36 son contra equipos dentro da súa conferencia (4 partidos contra cada equipo) e 24 contra equipos da outra conferencia (2 partidos contra oito equipos e 4 partidos contra os dous equipos restantes). Oito equipos clasifícanse para os playoffs, incluídos os tres primeiros equipos de cada conferencia e os dous seguintes mellores equipos independentemente da súa conferencia. Os playoffs consisten en cuartos de final, semifinais e roldas finais, cun formato de mellor de tres en cada rolda. Na temporada 2022−23 as dúas conferencias pasan a ser tres.

Segunda División[editar | editar a fonte]

Na B2 League, a segunda división, a temporada regular tamén consta dun calendario de 60 partidos por equipo, dos cales 42 son contra equipos dentro da súa propia conferencia (6 partidos contra cada equipo) e 18 contra equipos da outra conferencia (2 partidos contra sete equipos e 4 partidos contra o equipo restante). O formato de clasificación é idéntico ao da primeira división: oito equipos clasifícanse para o playoff, que inclúe aos tres primeiros equipos de cada conferencia e os dous seguintes con mellores rexistros independentemente da súa conferencia. Os playoffs consisten en cuartos de final, semifinais e roldas finais, cun formato ao mellor de tres en cada rolda. Cada ano celébranse playoffs de ascenso e descenso cada ano para determinar que equipos da B2 League ascenderán á B1 League e que equipos da primeira división descenderán á segunda para a tempada seguinte.

Equipos[editar | editar a fonte]

B1 League[editar | editar a fonte]

Os seguintes son os equipos para a temporada 2022−23 da B1 League, a primeira división da B.League.[3]

Conferencia Equipo Cidade Prefectura Pavillón Capacidade Debut Antes de 2016
東地区
Leste
Akita Northern Happinets Akita Akita CNA Arena Akita 5.000 2016–17 bj-league
Alvark Tokyo Shibuya Toquio Ximnasio Nacional Yoyogi 13.291 2016–17 NBL
Chiba Jets Funabashi Funabashi Chiba Funabashi Arena 4.368 2016–17 NBL
Gunma Crane Thunders Ōta Gunma Ximnasio de Ōta 1.987 2016–17 bj-league
Ibaraki Robots Mito Ibaraki Adastria Mito Arena 5.000 2016–17 NBL
Levanga Hokkaido Sapporo Hokkaido Hokkai Kitayell 8.000 2016–17 NBL
Sendai 89ers Sendai Miyagi Xebio Arena Sendai 4.002 2016–17 bj-league
Utsunomiya Brex Utsunomiya Tochigi Brex Arena Utsunomiya 2.900 2016–17 NBL
中地区
Centro
Kawasaki Brave Thunders Kawasaki Kanagawa Todoroki Arena 6.500 2016–17 NBL
Niigata Albirex BB Nagaoka Niigata City Hall Plaza Aore 5.100 2016–17 bj-league
San-en NeoPhoenix Toyohashi Aichi Ximnasio Xeral Toyohashi 2.000 2016–17 bj-league
SeaHorses Mikawa Kariya Aichi Wing Arena Kariya 2.376 2016–17 NBL
Shinshu Brave Warriors Chikuma Nagano White Ring 7.000 2016–17 bj-league
Sun Rockers Shibuya Shibuya Toquio Ximnasio Aoyama Gakuin 5.000 2016–17 NBL
Toyama Grouses Toyama Toyama Ximnasio de Toyama 4.650 2016–17 bj-league
Yokohama B-Corsairs Iocoama Kanagawa Piscina Internacional de Iocoama 5.000 2016–17 bj-league
西地区
Oeste
Fighting Eagles Nagoya Nagoia Aichi Biwajima Sports Center 1.750 2016–17 NBDL
Hiroshima Dragonflies Hiroshima Hiroshima Hiroshima Sun Plaza 6.052 2016–17 NBL
Kyoto Hannaryz Quioto Quioto Hannaryz Arena 2.500 2016–17 bj-league
Nagoya Diamond Dolphins Nagoia Aichi Dolphins Arena 7.515 2016–17 NBL
Osaka Evessa Osaca Osaca Ookini Arena Maishima 7.056 2016–17 bj-league
Ryukyu Golden Kings Okinawa Okinawa Okinawa Arena 10.000 2016–17 bj-league
Shiga Lakes Ōtsu Shiga Ukaruchan Arena 4.896 2016–17 bj-league
Shimane Susanoo Magic Matsue Shimane Ximnasio Xeral de Matsue 3.003 2016–17 bj-league

B2 League[editar | editar a fonte]

Conferencia Equipo Cidade Prefectura Pavillón Capacidade Debut Antes de 2016
東地区
Leste
Altiri Chiba Chiba Chiba Chiba Port Arena 7.512 2022–23
Aomori Wat's Aomori Aomori Maeda Arena 5.371 2016–17 bj-league
Earth Friends Tokyo Z Ōta Toquio Ximnasio Xeral de Ōta 4.012 2016–17 NBDL
Fukushima Firebonds Kōriyama Fukushima Ximnasio Xeral de Koriyama 7.056 2016–17 bj-league
Koshigaya Alphas Koshigaya Saitama Ximnasio Municipal de Koshigaya 4.472 2019–20 NBDL
Nishinomiya Storks Nishinomiya Hyōgo Ximnasio Central de Nishinomiya 5.000 2016–17 NBL
Yamagata Wyverns Tendō Yamagata Parque Atlético de Yamagata 3.112 2016–17 NBDL
西地区
Oeste
Bambitious Nara Nara Nara Rohto Arena Nara 5.818 2016–17 bj-league
Ehime Orange Vikings Matsuyama Ehime Matsuyama Community Center 2.516 2016–17 bj-league
Kagawa Five Arrows Takamatsu Kagawa Ximnasio Xeral de Takamatsu 2.258 2016–17 bj-league
Kumamoto Volters Kumamoto Kumamoto Ximnasio Xeral de Kumamoto 4.110 2016–17 NBL
Nagasaki Velca Nagasaki Nagasaki Ximnasio Xeral de Nagasaki 5.600 2022–23
Rizing Zephyr Fukuoka Fukuoka Fukuoka Teriha Sekisui House Arena 5.042 2017–18 bj-league
Saga Ballooners Saga Saga Saga Sunrise Park 2.118 2020–21

Palmarés[editar | editar a fonte]

Por equipo[editar | editar a fonte]

Club Campión Subcampión Anos campión
Utsunomiya Brex 2 1 2017, 2022
Alvark Tokyo 2 0 2018, 2019
Chiba Jets Funabashi 1 2 2021
Kawasaki Brave Thunders 0 1
Ryukyu Golden Kings 0 1

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Japan suspended by FIBA". ESPN. 26 de novembro de 2014. Consultado o 2 de setembro de 2019. 
  2. Odeven, Kaz (3 de outobro de 2015). "Size of B. League will present challenges from the outset". Japan Times. Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2016. Consultado o 03 de setembro de 2022. 
  3. "Arena" [Arena] (en xaponés). Consultado o 14 September 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]