Foi fundada en 1923 por Manuel Coego, Espinosa, coincidindo coa desaparición da de Noceda. Foi director ata que os músicos prescindiron del e contrataron a José Antonio Rodríguez, que tamén dirixía á da Xesta. Desta banda orixinouse a banda de Prado, de efémera vida. Bendoiro tamén foi dirixida por Arturo Téllez Chipell, Gitano, desaparecendo en 1959.