Bayer Giants Leverkusen
Bayer Giants Leverkusen | |
![]() | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | ProA |
Fundación | 1961 |
Historia | TuS Bayer 04 Leverkusen (1961−1983) TSV Bayer 04 Leverkusen (1983−2000) |
Cores | Vermello, branco |
Adestrador | ![]() |
Patrocinador | Bayer |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | Ostermann-Arena |
Capacidade | 3 500 |
Inauguración | 1974 |
Campionatos | |
Liga | 14 (1970−1972, 1976, 1979, 1985−1986, 1990−1996) |
Copa | 10 (1970−1971, 1974, 1976, 1986−1987, 1990, 1991, 1993, 1995) |
giants-leverkusen.de |
O Bayer Giants Leverkusen é un equipo de baloncesto profesional, parte do club polideportivo alemán TSV Bayer 04 Leverkusen con sede na cidade de Leverkusen, Renania do Norte-Westfalia. O equipo foi fundado en 1961, sendo o club máis laureado do baloncesto xermano con catorce títulos de Liga e dez de Copa.[1] Porén, en 2008, viuse forzado a descender da Basketball Bundesliga por unha redución no seu orzamento. Actualmente compite na ProA, segunda catogoría do baloncesto xermano. O equipo xoga os seus encontros como local no Ostermann-Arena, pavillón con capacidade para 3 500 espectadores.
Historia
[editar | editar a fonte]O Bayer Giants Leverkusen foi fundado co nome de TuS Bayer 04 Leverkusen en 1961. Antes do final da década, en 1968, o club conseguiu o ascenso á máxima categoría do baloncesto alemán, a Basketball Bundesliga. Antes de mudar o seu nome a TSV Bayer 04 Leverkusen en 1983, o club gañou cinco Ligas e catro Copas de Alemaña. De feito, o Bayer é o equipo máis laureado do país, contando nas súas vitrinas con catorce títulos de Liga e 10 de Copa. En 2008, a empresa farmacéutica Bayer decidiu reducir o orzamento dedicado ao patrocinio do equipo para centrarse no fútbol e no atletismo. Como consecuencia, o club vendeu a súa praza na BBL ao Düsseldorf Baskets e descendeu de categorías até chegar á ProB, terceiro nivel do baloncesto xermano.
Ano a ano
[editar | editar a fonte]Ano | Nivel | Liga | Posición | Copa | Competicións europeas | |
---|---|---|---|---|---|---|
1989–90 | 1 | Bundesliga | 1º | Campión | 2 Copa de Campións de Copa | R16 |
1990–91 | 1 | Bundesliga | 1º | Campión | 1 Copa de Europa | CF |
1991–92 | 1 | Bundesliga | 1º | 1 Euroliga | FG | |
1992–93 | 1 | Bundesliga | 1º | Campión | 1 Euroliga | FG |
1993–94 | 1 | Bundesliga | 1º | Semifinalist | 1 Euroliga | FG |
1994–95 | 1 | Bundesliga | 1º | Campión | 1 Euroliga | FG |
1995–96 | 1 | Bundesliga | 1º | Subcampión | 1 Euroliga | FG |
1996–97 | 1 | Bundesliga | 4º | 1 Euroliga | FG | |
1997–98 | 1 | Bundesliga | 8º | 2 EuroCup | R32 | |
1998–99 | 1 | Bundesliga | 4º | 3 Copa Korać | FG | |
1999–00 | 1 | Bundesliga | 2º | 3 Copa Korać | FG | |
2000–01 | 1 | Bundesliga | 3º | Terceiro | 1 SuproLiga | LR |
2001–02 | 1 | Bundesliga | 5º | 3 Copa Korać | R16 | |
2002–03 | 1 | Bundesliga | 8º | 4 Regional Challenge Cup North | 2º | |
2003–04 | 1 | Bundesliga | 8º | |||
2004–05 | 1 | Bundesliga | 13º | |||
2005–06 | 1 | Bundesliga | 10º | |||
2006–07 | 1 | Bundesliga | 8º | |||
2007–08 | 1 | Bundesliga | 6º | |||
2008–09 | 4 | 1. Regionalliga | 1º | |||
2009–10 | 3 | ProB | 7º | |||
2010–11 | 3 | ProB | 8º | |||
2011–12 | 3 | ProB | 11º | |||
2012–13 | 3 | ProB | 5º | |||
2013–14 | 2 | ProA | 13º | |||
2014–15 | 2 | ProA | 14º | |||
2015–16 | 2 | ProA | 15º | |||
2016–17 | 3 | ProB | 4º | |||
2017–18 | 3 | ProB | 8º | |||
2018–19 | 3 | ProB | 1º | |||
2019–20 | 2 | ProA | 5º | |||
2020–21 | 2 | ProA | 2º |
Títulos
[editar | editar a fonte]- Liga de Alemaña
- Campión (14): 1970, 1971, 1972, 1976, 1979, 1985, 1986, 1990, 1991, 1992, 1993, 1994, 1995, 1996
- Copa de Alemaña
- Campión (10): 1970, 1971, 1974, 1976, 1986, 1987, 1990, 1991, 1993, 1995
Xogadores
[editar | editar a fonte]Destacados
[editar | editar a fonte]Stephan Baeck
Gunther Behnke
John Ecker
Hansi Gnad
Demond Greene
Henning Harnisch
Jörg Heidrich
Rudi Kleen
Michael Koch
Dieter Kuprella
Michael Pappert
Jochen Pollex
Sven Schultze
Derrick Taylor
Norbert Thimm
Lutz Wadehn
Christian Welp
Denis Wucherer
Mike Hansen
Kristjan Kangur
Eric Taylor
John Best
Carl Brown
Chris Corchiani
Tony Dawson
Nate Fox
Tom Garrick
Kevin Pritchard
Rahsaan Smith
Milt Wagner
Clinton Wheeler
Jack Eggleston
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Erfolg/Historie". giants-leverkusen.de (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2018. Consultado o 11 de outubro de 2018.