Gießen 46ers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gießen 46ers
Gießen gegen Hagen1.jpg
Información xeral
Liga BBL
Alcume MTV Gießen
Fundación 1937
Cores                Vermello, branco, negro
Presidente Alemaña Heiko Schelberg
Adestrador Alemaña Denis Wucherer
Patrocinador Rovema
Vestimenta K1X
Localización
Cidade Alemaña Gießen, Alemaña
Pavillón Sporthalle Gießen-Ost
Capacidade 4.003
Inauguración 1969
Campionatos
Liga 5 (1965, 1967, 1968, 1975, 1978)
Copa 3 (1969, 1973, 1979)
giessen46ers.de

O Gießen 46ers, tamén escrito Giessen 46ers, é un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade de Gießen, Hesse. Fundado no ano 1937, actualmente que xoga na Basketball Bundesliga, a máxima categoría do baloncesto alemán. Disputa os seus partidos como local no Sporthalle Giessen-Ost, pavillón con capacidade para 4.003 espectadores.[1] Os maiores éxitos do club chegaron nos anos 1960 e 1970, época na que conseguiron seus cinco campionatos de liga e tres copas. Até a temporada 2012−13 era o único equipo alemán que non descendera desde a fundación da Bundesliga en 1966.

Historia[editar | editar a fonte]

A sociedade á que pertence foi fundada en 1846, de aí vén o apelativo de 46ers (os do 46), mais o equipo de baloncesto no comezou a funcionar ata 1937.[2] A súa época dourada foi na segunda metade da década dos anos 1960, acadando o seu primeiro título nacional en 1965,[3] repetindo en 1967 e 1968. Tras uns anos sen títulos, gañaron dous máis en 1975 e 1978. Os seus éxitos máis próximos no tempo, foron a súa aparición nas semifinais de 2005, onde perderon a eliminatoria por 1-3 ante o Brose Baskets, despois campións, e o terceiro posto conseguido na Copa de 2006. Na temporada 2012–13 o equipo descende por primeira vez na súa historia da Basketball Bundesliga desde a súa fundación en 1966, sendo o único equipo que permancera durante todas as camapañas. Con todo, o club consegue volver á elite tras ser campión da Segunda División (ProA) en 2014–15.

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Liga de Alemaña
    • Campión (5): 1965, 1967, 1968, 1975, 1978
  • Copa de Alemaña
    • Campión (3): 1969, 1973, 1979

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "LTi Giessen 46ers basketball - team details, stats, news, roster". Euro Basket. Consultado o 23 de setembro de 2015. 
  2. "Das Bundesliga-Urgestein von der Lahn". Giessen 46ers (en alemán). Consultado o 23 de setembro de 2015. 
  3. "Saison 1964/65". Giessen 46ers (en alemán). Consultado o 23 de setembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]