Riesen Ludwigsburg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Riesen Ludwigsburg
2019-09-25 Basketball, easyCredit Basketball-Bundesliga, Syntainics MBC (Mitteldeutscher BC) - MHP Riesen Ludwigsburg StP 8521 by Stepro.jpg
Información xeral
Liga BBL
Fundación 1960
Historia DJK Ludiwgsburg (1960–1970)
SpVgg 07 Ludwigsburg (1970–1987)
BSG Basket Ludwigsburg (1987–2012)
Cores           Amarelo, negro
Presidente Alemaña Alexander Reil
Adestrador Flag of the United States.svg John Patrick
Patrocinador MHP
Localización
Cidade Alemaña Ludwigsburg, Alemaña
Pavillón MHPArena
Capacidade 5 325
Inauguración 1 de outubro de 2009
mhp-riesen-ludwigsburg.de

O Riesen Ludwigsburg (do alemán: Xigantes de Ludwigsburg), coñecido por motivos de patrocinio como MHP Riesen Ludwigsburg, é un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade de Ludwigsburg, Saxonia. Fundado en 1960, actualmente compite na Basketball Bundesliga, máxima categoría do baloncesto xermano. O equipo xoga os seus partidos como local no MHPArena, pavillón con capacidade para 5 325 espectadores.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

O Riesen Ludwigsburg foi fundado en 1960 como a sección de baloncesto do club polideportivo DJK Ludwigsburg. Na temporada 1979–80, o equipo ascendeu por vez primeira á máxima categoría, a Basketball Bundesliga. Entre 1970 e 1987, o club foi coñecido como SpVgg 07, xa que formaba parte do club polideportivo SpVgg Ludwigsburg. En 1987, o equipo separouse de SpVgg e pasou a chamarse BSG Basket Ludwigsburg. En 2008, o Ludwigsburg chegou á final da Copa de Alemaña por primeira vez, mais perdeu contra os Artland Dragons por 60-74.

Na temporada 2016–17, o Ludwigsburg participou na temporada inaugural da Basketball Champions League (BCL), onde foi eliminado por tan só no conxunto da eliminatoria dos cuartos de final polo Banvit turco. Esta campaña marcou a mellor actuación europea do equipo na súa historia, xa que era a primeira vez que chegaban aos play-offs dunha competición europea. Na temporada 2017-18, o Ludwigsburg mellorou esa actuación ao chegaren á Final Four da BCL. O equipo conseguira eliminar ao Oldenburg en oitavos de final (162−149) e ao medi Bayreuth en cuartos (170−163).[2] Con todo, o Ludwigsburg perdeu en semifinais contra o AS Monaco por 65−87. No xogo polo terceiro posto o equipo perdeu por 74−85 ante o UCAM Murcia. O 19 de xullo de 2019, David McCray, que estaba no club desde 2015, anunciou a súa retirada, sendo o seu número 4 o primeiro dorsal retirado na historia do club.[3] A temporada 2019-20 alterouse debido á pandemia de COVID-19 e, nun torneo final a porta pechada en Múnic, o Luwdigsburg alcanzou as súa primeira final da liga alemá, aínda que perderon ante o Alba Berlin en dous partidos.

Patrocinadores[editar | editar a fonte]

Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:

  • DJK Ludwigsburg (1960–1970)
  • SpVgg 07 Ludwigsburg (1970–1987)
  • BG Ludwigsburg (1987)
  • BSG Basket Ludwigsburg (1987–2012)
  • EnBW Ludwigsburg (2012)
  • Neckar Riesen Ludwigsburg (2012–2014)
  • MHP Riesen Ludwigsburg (2014–presente)

Temporadas[editar | editar a fonte]

Ano Nivel Liga Pos. Copa Europa
1985–86 2 2. BBL
1986–87 1 Bundesliga 10º
1987–88 1 Bundesliga
1988–89 1 Bundesliga
1989–90 1 Bundesliga 3 Copa Korać R1
1990–91 1 Bundesliga 3 Copa Korać R2
1991–92 1 Bundesliga 3 Copa Korać R3
1992–93 1 Bundesliga 3 Copa Korać R32
1993–94 1 Bundesliga 3 Copa Korać R1
1994–95 1 Bundesliga
1995–96 1 Bundesliga 12th
1996–97 1 Bundesliga 14º
1997–98 2 2. BBL
1998–99 2 2. BBL
1999–00 3 Regionalliga
2000–01 2 2. BBL 5th
2001–02 2 2. BBL
2002–03 1 Bundesliga 12º
2003–04 1 Bundesliga 13º
2004–05 1 Bundesliga Terceiros
2005–06 1 Bundesliga
2006–07 1 Bundesliga Terceiros
2007–08 1 Bundesliga 13º Subcampións 2 ULEB Cup RS
2008–09 1 Bundesliga 11º
2009–10 1 Bundesliga 11º
2010–11 1 Bundesliga
2011–12 1 Bundesliga 16º
2012–13 1 Bundesliga 17º
2013–14 1 Bundesliga
2014–15 1 Bundesliga
2015–16 1 Bundesliga 2 Eurocup R32
2016–17 1 Bundesliga Semifinalista 3 Champions League CF
2017–18 1 Bundesliga Rolda de clasificación 3 Champions League
2018–19 1 Bundesliga 10º Oitavos de final 3 Champions League TS
2019–20 1 Bundesliga Oitavos de final
2020–21 1 Bundesliga Fase de grupos

Xogadores[editar | editar a fonte]

Destacados[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Die MHP Arena zu Ludwigsburg". bblprofis.de (en alemán). Consultado o 8 de agosto de 2021. 
  2. "Sears leads MHP Riesen Ludwigsburg to Final Four with Leg 2 win in Bayreuth" [Sears leva ao MHP Riesen Ludwigsburg á Final Four coa vitoria na 2ª rolda en Bayreuth]. BCL (en inglés). 4 de abril de 2018. Consultado o 8 de agosto de 2021. 
  3. "easyCredit – David McCray beendet seine Karriere" [David McCray remata a súa carreira]. easycredit-bbl.de (en alemán). 19 de xullo de 2019. Consultado o 8 de agosto de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]