ALBA Berlin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alba Berlin
Alba4.jpeg
Información xeral
Liga BBL / EuroCup
Alcume Berlin Albatrosse
Fundación 1991
Cores                Amarelo, azul
Presidente Alemaña Dieter Hauert
Adestrador España Aíto García Reneses
Patrocinador Techcent
Vestimenta Adidas
Localización
Cidade Alemaña Berlín, Alemaña
Pavillón Mercedes-Benz Arena
Capacidade 14.500
Inauguración 10 de setembro de 2008
Campionatos
Copa Korać 1 (1995)
Liga 8 (1997, 1998, 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2008)
Copa 9 (1997, 1999, 2002, 2003, 2006, 2009, 2013, 2014, 2016)
Supercopa 3 (2008, 2013, 2014)
albaberlin.de

O Alba Berlin, tamén coñecido como Berlin Albatrosse, é un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade de Berlín. O club foi fundado en 1991, e é hoxe o dos equipos de baloncesto xermano con máis afiliados. O Alba Berlin, que xoga os seus partidos como local no Mercedes-Benz Arena con capacidade para 14.500 espectadores, actualmente participa na Basketball Bundesliga e na Eurocup.

Tras gañar oito Ligas de Alemaña, oito Copa, tres Supercopas e a Copa Korać en 1995, o Alba Berlin está considerado o club de baloncesto máis exitoso, tanto local como internacionalmente. Cunha media de asistencia por partido de máis de 10.000 espectadores durante a liga doméstica, é tamén un dos clubs máis populares de Europa. No ano 2012, o Alba foi o primeiro equipo xermano en xogar contra un campión da NBA, os Dallas Mavericks.

Historia[editar | editar a fonte]

Comezos[editar | editar a fonte]

Alba Berlin remonta a súa historia ao BG Charlottenburg, un club de baloncesto do oeste de Berlín que foi fundado en 1989. En 1991, o club é patrocinado pola empresa de reciclaxe Alba AG, acordando mudar o seu nome a Alba Berlín. Pouco despois, baixo a dirección do adestrador Faruk Kulenović, o Alba Berlín consegue finalizar en segundo lugar no campionato alemán. En 1993, o serbio Svetislav Pešić asume o cargo de adestrador, levando ao club a cultivar moitos éxitos, cousa que ningún outro equipo de baloncesto alemán lograra anteriormente. De feito, en 1995 gañan a Copa Korać, sendo o primeiro título internacional dun equipo alemán de baloncesto. En 1996, pouco despois de mudarse ao club do Sömmeringhalle ao Max-Schmeling-Ache, finalmente conseguiron a súa primeira liga após vencer ao campión Bayer Leverkusen e gañou. Ademais de gañar a Copa Korać e outros éxitos a nivel europeo, na súa carreira de sete anos como adestrador no club, Pešić gañou catro ligas e unha copa.

Profesionalización[editar | editar a fonte]

Baixo a dirección do adestrador Emir Mutapčić o equipo gañou tres campionatos alemáns e dúas Copas de Alemaña, mais a nivel europeo non conseguiron nada. Como reacción á seca de títulos, o equipo era reconstruído cada tempada. En liga, nas temporadas 2004 e 2005 o equipo foi eliminado nas semifinais dos play-offs. A raíz diso, o club creou o cargo de director deportivo, que foi ocupado por Henning Harnisch. Ademais, a sección profesional do club transformouse en GmbH (Gesellschaft mit beschränkter Haftung, do alemán: Sociedade con Responsabilidade Limitada) o 1 de setembro de 2005.

Na tempada 2005−06, con Henrik Rödl como novo adestrador, o Alba Berlin gañou outra Copa de Alemaña. Ademais, o equipo acaba en primeiro posto na liga regular, mais finalmente perden na final das eliminatorias polo título ante o RheinEnergie Köln. Casualmente, o Köln estaba adestrado por Saša Obradović, ex-xogador do Alba que axudara a gañar a Copa Korać de 1995. Na temporada seguinte, 2006−07, o club foi unha vez máis o campión da temporada regular, mais no play-offs foi eliminado en cuartos de final polos Artland Dragons. Este feito provocou o despedimento de Rödl e a sinatura dun novo adestrador, Luka Pavićević, seguido doutra importante remodelación do equipo. Despois de problemas de lesións na preparación e no curso da tempada da tempada 2007−08, incluíndo a perda de Goran Jeretin para toda a temporada e de Aleksandar Rašić para os play-offs, en xaneiro de 2008 o equipo aproveitouse da insolvencia dos Köln 99ers e asinou aos seus principais xogadores, Immanuel McElroy e Aleksandar Nađfeji. Liderados polo MVP da liga Julius Jenkins, o equipo foi superior a todos os outros competidores nos play-offs e gañou o campionato de novo despois de cinco anos sen conseguilo.

Novo pavillón[editar | editar a fonte]

Co traslado ao pavillón O2World con capacidade para 14.500 espectadores, o entón campión rexente Alba Berlín abriu un novo capítulo na súa historia. De feito, foi o primeiro equipo na historia de Alemaña que facía unha media de máis de 7.000 afeccionados por partido. Por tanto, o manager da ALBA Marco Baldi e o presidente do Consello de Supervisión, Axel Schweitzer, decidiron dar o seguinte paso cara a unha presenza permanente nas competencións internacionais. O Anschutz Group, propietario do O2World, e o club acordaron un contrato de quince anos, até 2023, con opción para outros 10 anos.

Como campión rexente, o Alba participou na Euroliga 2008−09. Alí, o equipo atinxiu o Top 16, mais non puido loitar contra clubs europeos de elite como o Real Madrid ou Maccabi Tel Avis. Con todo, Alba tivo a asistencia ao pavillón máis alta de Europa con 11.264 espectadores por encontro. Ademais, o club reuniu a 14.800 espectadores no principal partido en casa de fase de grupos contra o Union Olimpija, récord nun partido de Euroliga en Alemaña. A nivel nacional, na final de Copa, Alba derrotou a Baskets Bonn. Máis tarde, Alba foi eliminado polo mesmo equipo nas semifinais do play-off a cinco partidos. En 2009 e 2015, o mánager do equipo, Marco Baldi, foi premiado polos executivos da Euroliga de Baloncesto co premio de Executivo do Ano.

O 8 de outubro de 2014, o Alba enfrontouse ao campión da NBA, San Antonio Spurs, aos que conseguiron gañar cunha canastra no último segundo de Jamel McLean (94–93).[1] Nese mesma temporada, o Alba regresou á Euroliga, atinxindo de novo o Top 16. Porén, a nivel doméstico o equipo tivo unha temporada decepcionante: aínda que finalizaron en segun do lugar, o equipo foi eliminado en semifinais. A cousa sería peor ao ano seguinte, cando o equipo ten unha das súas peores temporadas da súa historia ao finalizar en sétimo lugar na liga regular. Nos play-offs foron eliminados nos cuartos de final. A situación foi parecida na campaña 2006−17 co equipo finalizando en sexto lugar, aínda que ao ano seguinte (2017−18) o equipo volve ocupar os postos de cabeza ao finalizar segundo.

Títulos[editar | editar a fonte]

Domésticos[editar | editar a fonte]

Liga

  • Campións (8): 1997, 1998, 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2008

Copa

  • Campións (9): 1997, 1999, 2002, 2003, 2006, 2009, 2013, 2014, 2016

Supercopa

  • Campións: 2008, 2013, 2014

Europeos[editar | editar a fonte]

Copa Korać

  • Campións: 1995

Eurocup

  • Subcampións: 2010

Xogadores[editar | editar a fonte]

Dorsais retirados[editar | editar a fonte]

Números retirados
Nac. Xogador Posición Etapa
4 Alemaña Henrik Rödl A 1993–2004
12 Estados Unidos Wendell Alexis AP 1996–2002

Destacados[editar | editar a fonte]

Partidos fronte equipos da NBA[editar | editar a fonte]

6 de outubro de 2012 Dallas Mavericks Flag of the United States.svg 89–84 Alemaña Alba Berlin    Alemaña Mercedes-Benz Arena, Berlín
8 de outubro de 2014 San Antonio Spurs Flag of the United States.svg 93–94 Alemaña Alba Berlin    Alemaña Mercedes-Benz Arena, Berlín

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Herbert, James (8 de outubro de 2014). "VIDEO: Spurs lose to ALBA Berlin at the buzzer". CBS Sports (en inglés). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]