s.Oliver Würzburg
s.Oliver Würzburg | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | BBL |
Fundación | 2007 |
Historia | SCH Würzburg Baskets (2007–10) s. Oliver Baskets (2010–2016) |
Cores | Vermello, branco, negro |
Presidente | Steffen Liebler |
Adestrador | Denis Wucherer |
Patrocinador | s.Oliver |
Localización | |
Cidade | Würzburg, Alemaña |
Pavillón | s.Oliver Arena |
Capacidade | 3 140 |
Inauguración | 1981 |
soliver-wuerzburg.de |
O s.Oliver Würzburg, antes coñecido como s.Oliver Baskets, é un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade de Würzburg, Baviera. O club foi fundado no ano 2007 coa idea de seguir o legado do club orixinal da cidade, o DJK Würzburg, equipo afiliado á DJK-Sportverband e á igrexa católica alemá. Da canteira deste club xurdiron os exxogadores da NBA Dirk Nowitzki e Maxi Kleber. Actualmente compite na Basketball Bundesliga, máxima categoría do baloncesto xermano. O equipo xoga os seus partidos como local no s.Oliver Arena, pavillón con capacidade para 3 140 espectadores.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]A DJK-Sportverband (do alemán: Asociación Deportiva da Forza Xuvenil Alemá) foi fundada o 16 de setembro de 1920 en Würzburg. Esta asociación está afiliada á igrexa católica alemá. Durante o Terceiro Reich, o goberno prohibiu a filiación a esta sociedade. Despois da segunda guerra mundial, a DJK retomou a súa actividade, contando hoxe con máis de 3000 membros. A sección de baloncesto do club gañou fama na década de 1990, xa que tanto o equipo feminino como o masculino conseguiron acadar a Basketball Bundesliga (BBL), a máxima división do baloncesto en Alemaña. No caso do equipo masculino, conseguiu ascender en 1997 con Dirk Nowitzki no equipo. En 2001, a DJK converteu o seu equipo masculino de baloncesto nunha entidade privada, agora coñecida como Würzburg Baskets, para capitalizar o seu crecemento como equipo profesional de baloncesto. Porén, en 2005 o club renunciou ao seu posto na BBL e o club deixou de competir.
En 2007, o empresario estadounidense Jochen Bähr adquiriu os dereitos para participar cun equipo de Würzburg na RegionalLiga, cuarta categoría do baloncesto no país, co obxectivo de chega á elite en poucas temporadas. O equipo recibiu o nome de SCH Würzburg Baskets. En 2010, o club adoptou o nome de s.Oliver Baskets e, ao ano seguinte, conseguiu o ascenso á BBL. Na súa primeira temporada na máxima categoría, o equipo alcanzou as semifinais polo título, despois de vencer ao Alba Berlin por 3−1 na serie de cuartos de final dos playoffs. En 2012−13 o club xogou en Europa por primeira vez, concretamente na Eurocup. Con todo, ao ano seguinte o equipo perde a categoría, descendendo á ProA. Este paso pola segunda división foi rápida, xa que inmediatamente volveron ao primeiro nivel. Na temporada 2015-16 acadaron o oitavo lugar, clasificándose así para os playoffs por segunda vez despois de 2012. En cuartos de final, o equipo foi eliminado polo futuro campión de liga Brose Baskets, perdendo todos os partidos con polo menos unha marxe de 35 puntos. O 15 de xullo de 2016 o equipo mudou o seu nome de "s.Oliver Baskets" a "s.Oliver Würzburg" para reforzar a identificación do equipo coa cidade. Na temporada 2018-19, o Würzburg xogou a FIBA Europe Cup e chegou á final. Porén, perdeu na mesma ante o Dinamo Sassari.
Temporadas
[editar | editar a fonte]Ano | Nivel | Liga | Pos. | Copa | Europa | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
2007–08 | 4 | RegionalLiga | 3º | ||||
2008–09 | 4 | RegionalLiga | 1º | ||||
2009–10 | 3 | ProB | 3º | ||||
2010–11 | 2 | ProA | 2º | ||||
2011–12 | 1 | Bundesliga | 4º | ||||
2012–13 | 1 | Bundesliga | 9º | 2 Eurocup | |||
2013–14 | 1 | Bundesliga | 17º | ||||
2014–15 | 2 | ProA | 2º | ||||
2015–16 | 1 | Bundesliga | 8º | ||||
2016–17 | 1 | Bundesliga | 14º | ||||
2017–18 | 1 | Bundesliga | 9º | 4 FIBA Europe Cup | |||
2018–19 | 1 | Bundesliga | 9º | 4 FIBA Europe Cup | Subcampións | ||
2019–20 | 1 | Bundesliga | 8º | Oitavos de final | |||
2020–21 | 1 | Bundesliga | 16º | Fase de grupos |
Xogadores
[editar | editar a fonte]Destacados
[editar | editar a fonte]A seguinte é unha lista de xogadores destacados tanto do DJK Würzburg como do s.Oliver Würzburg.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "S.Oliver Arena". yellow.place (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2021. Consultado o 8 de agosto de 2021.