BG Göttingen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
BG Göttingen
2021-04-13 Basketball, easyCredit Basketball-Bundesliga, Syntainics MBC - BG Göttingen 1DX 2137 by Stepro.jpg
Información xeral
Liga BBL
Alcume Die Veilchen (Os violetas)
Fundación 1974
Cores           Púrpura, branco
Adestrador Bélxica Roel Moors
Localización
Cidade Alemaña Gotinga, Alemaña
Pavillón Sparkassen-Arena
Capacidade 3 447
Inauguración 2011
Campionatos
EuroChallenge 1 (2010)
bggoettingen.de

O Basketballgemeinschaft Göttingen (do alemán: Club de Baloncesto de Gotinga), máis coñecido como BG Göttingen, é un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade de Gotinga, Baixa Saxonia. Fundado en 1974, actualmente compite na Basketball Bundesliga, máxima categoría do baloncesto xermano. O seu maior éxito foi a consecución do EuroChallenge 2010, torneo no que gañaron na final ao Krasnye Krylia ruso. O equipo xoga os seus partidos como local no Sparkassen-Arena, pavillón con capacidade para 3 447 espectadores.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Cando o BG 74 Göttingen ascendeu á Basketball Bundesliga en 2007, o equipo profesional excindiuse do club. Na súa primeira temporada na Bundesliga, o Göttingen conseguiu acadar a permanencia. Nas seguintes temporadas o equipo conseguiu algunhas actuacións destacábeis. Na temporada 2009–10 o club debutou en Europa ao competir no EuroChallenge, conseguindo gañar o torneo na súa primeira participación despois de 13 vitorias por tan só 3 derrotas. Na Final Four, que foi celebrada en Gotinga, o equipo venceu ao Chorale Roanne francés por 77−67 en semifinais e ao Krasnye Krylia ruso por 83−75 na final. Nas seguintes dúas temporadas o club continuou xogando competicións europeas, mais sen tanto éxito. Na temporada 2011–12 o Göttingen descende á segunda división, a ProA, conseguindo regresar á máxima categoría en 2014 após venceren ao Crailsheim Merlins nas finais da competición.[2]

Títulos[editar | editar a fonte]

Segunda división de Alemaña

  • Campión (2): 2007, 2014

EuroChallenge

  • Campión (1): 2010

Xogadores[editar | editar a fonte]

Destacados[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sparkassen-Arena". goesf.de (en alemán). Consultado o 3 de agosto de 2021. 
  2. "BG Göttingen Zweitligameister im Basketball". sport.de (en alemán). 4 de maio de 2014. Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2014. Consultado o 4 de agosto de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]