Niners Chemnitz
| Niners Chemnitz | |
| Información xeral | |
|---|---|
| Liga | BBL |
| Alcume | Orange Army (Exército laranxa) |
| Fundación | 1999 |
| Historia | BV Chemnitz 99 (1999–2001) BV TU Chemnitz 99 (2001–2017) |
| Cores | Laranxa, vermello, branco |
| Presidente | |
| Adestrador | |
| Localización | |
| Cidade | |
| Pavillón | Chemnitz Arena |
| Capacidade | 5 200 |
| Inauguración | 2003 |
| chemnitz99.de | |
O Niners Chemnitz e.V., anteriomente coñecido como BV Chemnitz 99, é un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade de Chemnitz, Saxonia. Fundado en 1999, actualmente compite na Basketball Bundesliga, máxima categoría do baloncesto xermano. O equipo xoga os seus partidos como local no Chemnitz Arena, pavillón con capacidade para 5 200 espectadores.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]O club foi fundado no ano 1999 co nome de "BV Chemnitz 99", xurdindo da fusión do BG Chemnitz e do Lok Chemnitz. No ano 2001, o Chemnitz 99 comezou a cooperar coa Universidade Politécnica de Chemnitz (en alemán: Technische Universität Chemnitz), polo cal o club engadiu ao seu nome as siglas "TU", pasando o equipo masculino a denominarse BV TU Chemnitz 99 e o feminino Chemcats Chemnitz. No caso do equipo masculino, recibiu o alcume de Niners (do inglés: Noves) debido ao ano de fundación do equipo. Após varios anos na segunda categoría do baloncesto xermano, a ProA, no ano 2015 chega ao equipo o adestrador Rodrigo Pastore, o que levou ao equipo a finalizar regularmente entre os primeiros postos da táboa de clasificación. No ano 2017 o club adoptou o seu alcume como nome oficial, pasando a denominarse "Niners Chemnitz". Na temporada 2019−20, marcada pola pandemia de COVID-19, o equipo consegue o por vez primeira ascenso á máxima categoría do baloncesto alemán, a Basketball Bundesliga.[2]
Temporadas
[editar | editar a fonte]| Ano | Nivel | Liga | Pos. | Outras competicións | |
|---|---|---|---|---|---|
| 2010–11 | ProA | – | |||
| 2011–12 | ProA | – | |||
| 2012–13 | ProA | – | |||
| 2013–14 | ProA | – | |||
| 2014–15 | ProA | – | |||
| 2015–16 | ProA | – | |||
| 2016–17 | ProA | – | |||
| 2017–18 | ProA | – | |||
| 2018–19 | ProA | – | |||
| 2019–20 | ProA | – | |||
| 2020–21 | BBL | – | |||
Xogadores
[editar | editar a fonte]
Destacados
[editar | editar a fonte]
Oliver Braun
Andreas Worenz
Siarhei Charykau
Alexander Zsykunsov
Jacob Parker
Dustin Pfeifer
Hugh Robertson
Bradley Tinsley
Mirko Virijevic
Andrzej Mazurczak
Igor Pletnev
Takumi Ishizaki
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Niners Chemnitz". The Sports DB (en inglés). Consultado o 7 de agosto de 2021.
- ↑ "Niners Chemnitz: Aufstieg in Basketball-Bundesliga ohne Feier". Sportbuzzer.de. 23 de marzo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2021. Consultado o 7 de agosto de 2021.