Brose Bamberg
Brose Bamberg | |
![]() | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | BBL / BCL |
Fundación | 1955 |
Historia | 1.FC 01 Bamberg (1955–1988) TTL Bamberg (1988–1995) TTL uniVersa Bamberg (1995–2000) TSK uniVersa Bamberg (2000–03) GHP Bamberg (2003–2006) Brose Baskets (2006–2016) |
Cores | Vermello, gris, branco |
Presidente | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Patrocinador | Brose Fahrzeugteile |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | Brose Arena |
Capacidade | 6 150 |
Inauguración | 2001 |
Campionatos | |
Liga | 9 (2005, 2007, 2010, 2011, 2012, 2013, 2015, 2016, 2017) |
Copa | 6 (1992, 2010, 2011, 2012, 2017, 2019) |
Supercopa | 5 (2007, 2010, 2011, 2012, 2015) |
brosebaskets.de |
O Brose Bamberg é un club profesional de baloncesto da cidade de Bamberg, Baviera, que xoga na Basketball Bundesliga, a máxima categoría do baloncesto alemán. Fundado en 1955, o Bamberg é un dos equipos máis galardoados do baloncesto xermano, sendo ademais o primeiro equipo do país en chegar ao Top 16 da Euroleague Basketball. O equipo xoga os seus partidos como local no Brose Arena, recinto con capacidade para 6 150 espectadores. O principal patrocinador do club é a compañía automobilística Brose Fahrzeugteile.
Historia
[editar | editar a fonte]O club foi fundado en 1955 co nome de 1 FC 01 Bamberg.[1] Quince anos despois, en 1970, o club xogou por primeira vez na Basketball Bundesliga, a máxima competición do baloncesto alemán. Despois de dous descensos e ascensos (baixou en 1979 e 1983, e subiu en 1982 e 1984), debido aos problemas económicos do FC Bamberg 1988, club do cal era parte, elimina a sección de baloncesto. A raíz diso creasde unha nova asocación (a partir do nome do patrocinador): TTL Basketball Bamberg (TTL por Tapeten-Teppichboden-Land). En 1995 o club pasa a chamarse TTL uniVersa Bamber (uniVersa por uniVersa Versicherungen, unha compañía de seguros). En 1992 o Bamberg gaña o seu primeiro trofeo, a Copa de Alemaña.
Despois de novos problemas financeiros, no ano 2000 un novo patrocinador salvo ao equipo é permítelle continuar na máxima categoría do baloncesto alemán, pasando o equipo a chamarse TSK uniVersa Bamberg. Con todo, diferenzas entre o novo patrocinador e o club puxeron en risco a continuidade do mesmo en 2003. Dous anos despois, en 2005, o equipo gaña a súa primeira Bundesliga, o que lle valeu a súa participación ao ano seguinte na Euroleague Basketball, onde foi o primeiro equipo do país en chegar ao Formato|Top 16. Desde aquela o club converteuse nun dos equipos máis competitivos de Alemaña, gañando múltiples títulos tanto de Liga como de Copa.[1]
Denominacións
[editar | editar a fonte]- 1.FC 01 Bamberg (1955−1988)
- TTL Bamberg (1988−1995)
- TTL uniVersa Bamberg (1995−2000)
- TTL uniVersa Bamberg (1995−2000)
- TSK uniVersa Bamberg (2000−2003)
- GHP Bamberg (2003−2006)
- Brose Baskets (2006−2016)
- Brose Bamberg (2016−presente)
Ano a ano
[editar | editar a fonte]
Ano | Nivel | Liga | Pos. | Copa | Competicións europeas | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
1991–92 | 1 | BBL | 2º | Campión | |||
1992–93 | 1 | BBL | 2º | ||||
1993–94 | 1 | BBL | 1º | Semifinais | |||
1994–95 | 1 | BBL | 1º | 3 | Copa Korać | R1 | |
1995–96 | 1 | BBL | 4º | Semifinais | 3 | Copa Korać | R1 |
1996–97 | 1 | BBL | 3º | Semifinais | 3 | Copa Korać | R1 |
1997–98 | 1 | BBL | 3º | 3 | Copa Korać | R3 | |
1998–99 | 1 | BBL | 6º | Terceiro lugar | 3 | Copa Korać | R1 |
1999–00 | 1 | BBL | 10º | ||||
2000–01 | 1 | BBL | 10º | ||||
2001–02 | 1 | BBL | 7º | ||||
2002–03 | 1 | BBL | 2º | ||||
2003–04 | 1 | BBL | 2º | 3 | FIBA Europe League | OF | |
2004–05 | 1 | BBL | 1º | 2 | ULEB Cup | LR | |
2005–06 | 1 | BBL | 3º | Subcampión | 1 | Euroliga | T16 |
2006–07 | 1 | BBL | 1º | 2 | ULEB Cup | LR | |
2007–08 | 1 | BBL | 7º | 1 | Euroliga | LR | |
2008–09 | 1 | BBL | 4º | 2 | Eurocup | LR | |
2009–10 | 1 | BBL | 1º | Campión | 2 | Eurocup | T16 |
2010–11 | 1 | BBL | 1º | Campión | 1 | Euroliga | LR |
2011–12 | 1 | BBL | 1º | Campión | 1 | Euroliga | LR |
2012–13 | 1 | BBL | 1º | Cuartos de final | 1 | Euroliga | T16 |
2013–14 | 1 | BBL | 5º | Terceiro lugar | 1 | Euroliga | LR |
2 | Eurocup | L32 | |||||
2014–15 | 1 | BBL | 1º | Subcampión | 2 | Eurocup | OF |
2015–16 | 1 | BBL | 1º | Semifinais | 1 | Euroliga | T16 |
2016–17 | 1 | BBL | 1º | Campión | 1 | Euroliga | 13º |
2017–18 | 1 | BBL | 4º | Cuartos de final | 1 | Euroliga | 12º |
2018–19 | 1 | BBL | 5º | Campión | 3 | Champions League | 4º |
2019–20 | 1 | BBL | 6º | Semifinais | 3 | Champions League | FR |
2020–21 | 1 | BBL | 8º | Fase de grupos | 3 | Champions League | PO |
Pavillón
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Brose Arena.
O Brose Baskets xoga os seus encontros como local no Brose Arena. O pavillón está situado na propia cidade de Bamberg. Foi comezado a construír en 2000 e inaugurado un ano despois, en 2001. Con capacidade para 6.900 en partidos de baloncesto, alberga os encontros do equipo tanto na Basketball Bundesliga como eventualmente na Euroliga. O recinto orixinariamente tiña capacidade para 4.750 persoas mais foi remodelado e reinaugurado en outubro de 2006. Para outros eventos, como concertos, o pavillón pode albergar entre 9.000 e 10.000 espectadores.
Xogadores
[editar | editar a fonte]Dorsais retirados
[editar | editar a fonte]Dorsais retirados do Brose Bamberg | ||||
N° | Xogador | Posición | Etapa | Data de retiro do dorsal |
---|---|---|---|---|
5 | John Goldsberry | Base | 2008–2014 | 2014 |
23 | Casey Jacobsen | Ala | 2006–2007, 2009–2014 | 2014 |
Destacados
[editar | editar a fonte]Daniel Theis
Maik Zirbes
Tibor Pleiß
Steffen Hamann
Ademola Okulaja
Robert Garrett
Tim Ohlbrecht
Sven Schultze
Holger Geschwindner
Pekka Markkanen
Ljubodrag Simonović
Uvis Helmanis
Gert Kullamäe
Predrag Šuput
Anton Gavel
Boštjan Nachbar
Jānis Strēlnieks
Fabien Causeur
Nikos Zisis
Nicolò Melli
Daniel Hackett
Dan Dickau
Casey Jacobsen
John Goldsberry
Brian Roberts
P.J. Tucker
Dorell Wright
Darius Miller
Marcus Slaughter
Kyle Hines
Brad Wanamaker
Alex Renfroe
Ricky Hickman
Julius Jenkins
Jason Sasser
Chris Ensminger
Derrick Taylor
Rick Stafford
Demond Mallet
Sharrod Ford
Eldridge Recasner
Elton Brown
K'zell Wesson
Dickey Simpkins
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Liga de Alemaña
- Campións (9): 2005, 2007, 2010, 2011, 2012, 2013, 2015, 2016, 2017
- Subcampións (3): 1993, 2003, 2004
- Copa de Alemaña
- Campións (6): 1992, 2010, 2011, 2012, 2017, 2019
- Subcampións (2): 2006, 2015
- Supercopa de Alemaña
- Campións (5): 2007, 2010, 2011, 2012, 2015
- Subcampións (1): 2013
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Erfolge & Meilensteine". brosebamberg.de (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2018. Consultado o 15 de outubro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en alemán)