Hamburg Towers
Hamburg Towers | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | BBL |
Fundación | 2013 |
Cores | Branco, negro, prata |
Presidente | Jan Fischer |
Adestrador | Pedro Calles |
Patrocinador | VTG |
Localización | |
Cidade | Hamburgo, Alemaña |
Pavillón | edel-optics.de Arena |
Capacidade | 3 400 |
Inauguración | 20 de outubro de 2015 |
hamburgtowers.de |
O Hamburg Towers é un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade de Hamburgo. O club actualmente xoga na Basketball Bundesliga, a máxima categoría do baloncesto xermano. Fundado en 2013, desde 2014 xoga os seus partidos como local no Edel-optics.de Arena, pavillón con capacidade para 3 400 espectadores.
Historia
[editar | editar a fonte]Desde a quebra do BCJ Hamburg en 2020, Hamburgo non contaba con ningún equipo profesional de baloncesto. Para remediar esta situación, en febreiro de 2013 o ex-xogador Pascal Roller e o empresario Wolfgang Sahm anunciaron os seus plans para a creación dun novo equipo para levar de volta á cidade este deporte a nivel profesional.[1] O obxectivo orixinal do club era obter os dereitos deportivos dun club da Basketball Bundesliga, a máxima categoría do baloncesto do país. Con todo, non foi posíbel e o equipo inscribiuse para a temporada 2014−15 na ProA, a segunda división.
O club debutou na ProA o 28 de setembro de 2014, nun encontro como local que gañou por 66−65 ante os Gießen 46ers.[2] Na súa tempada de debut, o equipo terminou oitavo na clasificación. Na seguinte temporada, a 2015−16, os Towers tiveron a asistencia media máis alta de todos os clubs ProA con 3.047 por xogo. Na temporada 2018−19, o equipo hamburgués terminou a temporada regular en cuarto lugar, o que lle permitiu disputar as eliminatoiras polo ascenso. Despois de derrotar o 30 de abril aos favoritos Chemnitz Niners en semifinais, o equipo ascendeu ao Basketball Bundesliga. Xa nas finais, o equipo consegue o título despois de derrotar aos Nürnberg Falcons.
Temporadas
[editar | editar a fonte]Ano | Nivel | División | Pos. | V–D |
---|---|---|---|---|
2014–15 | 2 | ProA | 8 | 15–18 |
2015–16 | 2 | ProA | 5 | |
2016–17 | 2 | ProA | 9 | 14–16 |
2017–18 | 2 | ProA | 10 | 13–17 |
2018–19 | 2 | ProA | 1 | 26–15 |
2019–20 | 1 | Basketball Bundesliga | 17 | 3–17 |
2020–21 | 1 | Basketball Bundesliga | 7 | 21–13 |
Xogadores
[editar | editar a fonte]Destacados
[editar | editar a fonte]Adestradores
[editar | editar a fonte]- Hamed Attarbashi (2014−2018)
- Benka Barloschky (2018)
- Mike Taylor (2018−2020)
- Pedro Calles (2020−presente)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Von Carsten Eberts (5 de febreiro de 2013). "Basketball wie in München – nur anders". Süddeutsche Zeitung (en alemán). Consultado o 5 de agosto de 2021.
- ↑ "Happy End bei Towers-Premiere in der Zweiten Liga". abendblatt.de (en alemán). 28 de setembro de 2014. Consultado o 5 de agosto de 2021.