Rāmāyaṇa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ramayana»)

Rāmāyaṇa
Autor/aVālmīki
LinguaLingua sánscrita
Xénero(s)Epopea
editar datos en Wikidata ]

O Rāmāyaṇa (en escritura devanágari : रामायण)[1], é dicir en sánscrito A viaxe de Rāma, é a máis breve das dúas epopeas mitolóxicas en lingua sánscrita, compostas entre os séculos -III e III. Consta de sete libros e de 24000 dísticos (48000 versos). O Râmâyana é, como o Mahābhārata, un dos escritos fundamentais do hinduísmo e da mitoloxía hindú. O poema atribúese tradicionalmente ao ermitán lendario Valmiki (ao que chaman Adi kavi, o Primeiro poeta), que aparece como personaxe no primeiro e no último libro, que se consideran de composición máis recente cós outros. A épica é parte da itihasa (ou "historia") hindú.

O exército dos monos do Râmâyana, relevo khmer do Prasat Hin Phimai (Tailandia, provincia de Nakhon Ratchasima)

Orixes e contido[editar | editar a fonte]

O Rāmāyaṇa comeza tras o nacemento de Rāma pola súplica da Terra devastada que, en forma dunha vaca, se dirixe a Vishnu e lle lembra a súa responsabilidade.

O Rāmāyaṇa conta o nacemento e educación do príncipe Rāma que é o sétimo avatar do deus Vishnu, a conquista de Sîtâ e a súa unión con ela. A obra conta tamén o exilio de Rāma, o rapto de Sîtâ, a súa liberación e a volta de Rāma ao trono.

Cando o apartan do trono de seu pai (do cal é o herdeiro lexítimo), Rāma exíliase en Ayodhya, acompañado por Sîtâ e o seu irmán Lakshmana. Logo o demo Râvana rapta a Sîtâ e mantena prisioneira en Lankâ (que se identifica coa illa de Sri Lanka, pero que algúns autores como Louis Frédéric sitúan sobre unha do grupo das sete illas – se cadra a Heptanesia de Tolomeo – que están na orixe da cidade de Mumbai). Tras unha busca longa e penosa, Rāma libéraa coa axuda de Hanuman, xeneral do exército dos monos. Râvana morre a mans de Rāma, que recupera logo o seu trono e goberna o seu reino con grande sabedoría.

Na parte que constitúe probabelmente un engadido posterior, Sîtâ é acusada polo rumor público de ter cometido adulterio durante a súa catividade. Malia ser inocente, deixa a Rāma levando o seu fillo canda ela e acóllea o ermitán Valmiki (personaxe que a tradición identifica como o autor do Rāmāyaṇa). Tras varios anos, esta inxustiza resulta reparada, Sîtâ volve con Rāma.

Edición do Ramayana en lingua árabe, finais do século XVI.

O Râmâyana comprende sete libros:

  1. Bala Kanda' ou o Libro da Xuventude.
  2. Ayodhya Kanda ou o Libro de Ayodhya.
  3. Aranya Kanda ou o Libro do Bosque.
  4. Kishkindha Kanda ou o Libro de Kishkindha (o reino dos monos).
  5. Sundara Kanda ou o Libro de Sundara (outro nome de Hanuman).
  6. Yuddha Lanka Kanda ou a Batalla de Lanka.
  7. Uttara Kanda ou o Libro do Alén.

Lectura crítica[editar | editar a fonte]

O Rāmāyaṇa contén numerosos relatos védicos pero non é exclusivamente relixioso. Contén en efecto relatos lendarios, míticos ou cosmogónicos (formación da Terra segundo os brahmáns). A súa recitación ten valor de devoción na relixión brahmánica e algunha das súas escenas aparecen no teatro bailado da India meridional chamado kathakali.

Fica aínda moi popular, son só na India actual, senón tamén en Indonesia, e a súa historia é moi coñecida no resto da Asia suroriental (Camboxa, Tailandia, Malaisia, Myanmar, Laos...) grazas ás numerosas traducións ás linguas vernáculas e ás recensións, das cales a máis famosa é do poeta indio Tulsi Das que data do século XVI.

Adaptacións e reescrituras[editar | editar a fonte]

O escritor e xornalista indio Ashok K. Banker[2] fixo unha reescritura do Ramayana na forma dunha serie de novelas do xénero fantástico en sete tomos, O Ramayana.

No campo da animación asiática, o Rāmāyaṇa foi obxecto dunha adaptación en longametraxe de animación indo-xaponesa, Ramayana: The Legend of Prince Rama, realizada por Yugo Sako e Ram Mohan e saída en 1992. En 2005 sae unha nova adaptación en animación, desta vez americana: Sita Sings the Blues, realizada por Nina Paley, que ten merecido varias distincións.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]