Fundada en 1993, está considerada como a continuación da Cultural de Brántega, desaparecida nese mesmo ano. O seu primeiro director foi José Manuel Collazo Verde, ao que seguiu en 1994 José Luis Quintás Carreira, que deixaría a batuta no 2007. Neste período viaxou a diversos puntos da Península Ibérica e gañou varios premios, a nivel provincial e galego. Miguel Adrián Pazos Alonso fíxose cargo da batuta trala marcha de Nilo Jesús García Armas, encargándose tamén da dirección da escola de música.