Banda de música de Noceda
Aparencia
Anos de actividade | 1859-1924 |
---|---|
Enderezo | Noceda (Lalín) |
A Banda de música de Noceda foi unha agrupación musical residente na parroquia de Noceda, no concello de Lalín.
Historia
[editar | editar a fonte]Fundada en 1859, esta banda foi a canteira de moitos músicos que máis adiante se integrarían noutras bandas da comarca do Deza. A comezos do século XX era dirixida por Ángel Riádigos, con cuxa morte desaparecería a agrupación en 1924. A disolución da banda coincidiu case coa aparición da de Bendoiro, repartíndose os músicos de Noceda entre esta, a da Xesta ou de Goiás.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alvarellos Iglesias, Enrique (1986). Bandas de música de Galicia. Lugo: Alvarellos.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xan Salgueiro (27 de xuño de 2010). "Unha terra de bandas (II)". Faro de Vigo.