Banda de música de Lalín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Banda de música de Lalín
Banda Cultural de Lalín
Anos de actividade1962-actualmente
EnderezoRúa do Parque nº 10, Apd.179 - Lalín C.P. 36500, Pontevedra
Sitio webhttp://www.bandadelalin.com

A Banda de música de Lalín é unha agrupación musical con sede na parroquia de Lalín no concello homónimo, na provincia de Pontevedra

Historia[editar | editar a fonte]

Existiu dende finais dos anos corenta cando foi dirixida por Jesús Pérez Rivas. No ano 1962 músicos procedentes doutras bandas da zona, comandados por Claudio González López "Claudio do Empalme", fundador da banda da Penela, xuntáronse para tocar nunha festa de maneira informal. A partir de aí, con directores como Faustino del Río, Amadeo Valero ou Antonio Quintairos, a banda de Lalín seguiu adiante. Nas décadas dos 1970 e 1980, foi coñecida como Banda Cultural de Lalín. Nesa época integráronse nela músicos das bandas recentemente desaparecidas como A Xesta, Goiás, A Penela, Bermés, Mato, Bendoiro, Prado, Sanxurdo, Ventosa, Silleda ou Brántega. En 1992, faise cargo da dirección o holandés Marcel van Bree, que permanecería ata 2004. Foi un dos grandes impulsores do Conservatorio Profesional de Música de Lalín. Baixo a súa dirección, a banda acadou premios en certames a nivel galego. Tras van Bree, tomaría as renda da banda o italiano Mateo Adderi e logo, o tamén holandés, Bram Sniekers, co que a banda participou no certame internacional de Kerkrade, acadando o primeiro premio. Na actualidade a directora da formación pontevedresa é a murciana Isabel María Rubio Molina.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]