Fundada no ano 1850, foi dirixida, entre outros, por O Carballeda, fundador da mesma; Andrés Mosteiro Otero, Pepe Fiúza ou Bernardo del Río, que permaneceu dez anos no cargo e que despois se encargaría da Banda de Santa Cruz de Ribadulla. Debido a conflitos internos, a banda desapareceu no ano 1971. Eran frecuentes as actuacións desta banda con outras como Arca do Pino, Lantaño, A Estrada, Merza...
En 1984, púxose en marcha unha iniciativa para refundar a banda, contando con Amadeo Valero na batuta. A este proxecto uníronse moitas persoas de Ponte Ledesma, a onde acabaron por trasladarse os ensaios e se crearía alí unha nova agrupación: a Unión Musical Ponteledesma.