Banda de música de Lamela
Aparencia
Anos de actividade | 1863-1915 |
---|---|
Enderezo | Lamela (Silleda) |
A Banda de música de Lamela foi unha agrupación musical fundada no ano 1863, na parroquia de Lamela, no concello de Silleda.
Historia
[editar | editar a fonte]Chegaron a ser máis de 25 membros, pero segundo Enrique Alvarellos: Se supone que no debían tocar demasiado bien, ya que, a donde iban, lo mejor que les podía suceder era escuchar silbidos.... Un dos seus directores foi Ramón de Lago, que se mantivo bastante tempo á fronte da banda. Acabou por disolverse no ano 1915, debido á emigración de parte dos compoñentes a América e á vellez doutros. Ante esta situación, algúns integráronse na de Orazo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alvarellos Iglesias, Enrique (1986). Bandas de música de Galicia. Lugo: Alvarellos.