Banda de música da Xesta
Aparencia
Anos de actividade | 1908-1954 |
---|---|
Enderezo | A Xesta, Lalín |
Fundador | Edelmiro Fernández Villar |
A Banda de música da Xesta foi unha agrupación musical con sede na parroquia da Xesta, no concello pontevedrés de Lalín.
Historia
[editar | editar a fonte]Edelmiro Fernández Villar foi un dos que fundou a banda en 1908. O primeiro director da agrupación foi José Antonio Rodríguez, que chegou a dirixir á vez á banda de Bendoiro e a esta. Tras el, fíxose cargo da banda Andrés Vilariño, que fora director da de Brántega. Seguírono Arturo Téllez Chipell, alcumado Gitano; Julián Doallo e Juan Lodeiro, co que desapareceu a banda en 1954.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alvarellos Iglesias, Enrique (1986). Bandas de música de Galicia. Lugo: Alvarellos.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Unha terra de bandas (III), Faro de Vigo.