Saltar ao contido

Unión Musical Ponteledesma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Banda de música Unión Musical de Ponteledesma
Anos de actividade1987-actualmente
EnderezoAuditorio Bernardo García del Río, s/n - Gres, Vila de Cruces
Estadoactiva

A Banda de música Unión Musical Ponteledesma é unha agrupación musical con sede na parroquia de Gres, no concello pontevedrés de Vila de Cruces. Toma o seu nome da ponte que cruza o río Ulla e une Gres coa parroquia de Ledesma, na provincia da Coruña.

Foi fundada en 1987, anos despois da desaparición da veciña banda de Cira, con Bernardo García del Río na batuta, que xa estivera na citada de Cira. Entre 1990 e 1995, a agrupación estivo dirixida por Rafael Rossell e José Luis Represas Carrera. En 1995 tomou as rendas Miguel Rodríguez Barrio, durante a dirección do cal se puxo en marcha un festival de bandas anual en 1997. Tras este, no ano 2002 a dirección recaeu en Roberto Hermida Rey. Dende entón a banda recibiu premios en certames a nivel galego e no resto de España.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]